O Estudiantes consegue o subcampionato autonómico e o pase ao Campionato de España

Os celestes chegaron á final masculina, pero caeron contra o Seis do Nadal Coia e acabaron levándose un moi bo posto de prata. Na feminina, o Sarria rematou no cuarto posto

Masculina

Na Primeira mini masculina o Estudiantes conseguiu facerse co segundo posto despois de dalo todo nunha disputada fase final. Os celestes tiveron que xogar a primeira eliminatoria ao rematar segundos na fase de grupos. Enfrontáronse contra o Estudiantes Pontevedra e foron quen de impoñerse por unha diferenza de dez puntos no marcador. 

En semifinais encontráronse contra o Novobasket para pelexar con todo a súa forza por unha vitoria que conseguiron por tan só dous puntos. Os celestes saíron mellor ao partido e acabaron índose ao descanso mandando no marcador cun resultado de 39-46. Aínda que seguiron por diante tralo intermedio, no último sexto os de Ourense achegáronse, pero os celestes leváronse a vitoria (75-77).

O seu rival na final foi o Seis do Nadal, pois eliminou ao Santo Domingo Betanzos nas semis. Os de Vigo comezaron o enfrontamento por encima do conxunto lucense, quen encaixou un primeiro parcial de 03-22. O partido complicouse dende o inicio, pero aínda así os celestes deron a cara e os seguintes dous sextos antes do descanso estiveron axustados. No quinto sexto o Seis do Nadal volveu dar un empuxón ao marcador e acabaron aumentando a diferenza ata o 63-96 definitivo. Con isto, o Estudiantes quedou clasificado nunha segunda praza que lle da acceso ao Campionato de España.

ESTUDIANTES LUGO 62 - 52 ESTUDIANTES R

Estudiantes Lugo: Bruno, Diego, Mateo, Adrián, Manuel, Íker, Manuel M, Hugo, Gonzalo, Alejandro e David.
Estudiantes Pontevedra: Fariñas, Galván, Méndez, Torres, Garrido, Saint-Marc, Virel, Rodríguez, García, Vidal e Mesa.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.

NOVOBASKET 75 - 77 ESTUDIANTES LUGO

Novobasket: Roi, Jacobo, Sergio, Anxo, Anxo S, Hernán, Pablo, Mateo, Roque e Alejandro.
Estudiantes Lugo: Bruno, Diego, Mateo, Adrián, Manuel, Íker, Manuel M, Hugo, Gonzalo, Alejandro e David.
Parciais: 16-23/14-10/09-13/12-16/11-12/13-03.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.

ESTUDIANTES 63 - 96 SEIS DO NADAL

Estudiantes Lugo: Bruno, Diego, Mateo, Adrián, Manuel, Íker, Manuel M, Hugo, Gonzalo, Alejandro e David.
Seis do Nadal Coia: Iván, Gael, Brais, Efrén, Enzo, Magín, Daniel, Gabriel, José e Jorge.
Parciais: 03-22/12-14/12-16/12-10/12-21/12-13.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.
 
1ª MINI MASCULINA - FASE FINAL

1ª Eliminatoria

Estudiantes Lugo 62-52 Estudiantes R
Seis do Nadal 66-61 Básquet Coruña

Semifinais

Betanzos 73-78 Seis do Nadal
Novobasket 75-77 Estudiantes Lugo
 

Final

Estudiantes Lugo 63-96 Seis do Nadal

3º Posto

Novobasket 94-69 Betanzos

 

Feminina

Na feminina o Sarria tamén fixo un moi bo papel na fase final e rematou no cuarto posto. As amarelas venceron a primeira eliminatoria contra o Seis do Nadal cun avultado marcador de 17-68. Foron dominadoras dende o inicio e acabaron pechando acta no sexto período.

Nas semifinais o seu rival foi o Academia Celta, quen conseguiu eliminalas nun competido encontro. O equipo de Lugo comezou levándose o primeiro parcial, pero de cara ao descanso o choque igualouse e fóronse só dous puntos por riba. Na segunda metade seguiu a mesma igualdade pero o Celta comezou a darlle a volta ao marcador ata eliminar ao Sarria cun 65-60.

O Academia Celta pasou así á final e acabou levándose o campionato autonómico gañando ao Brión por 67-51.

As sarrianas disputaron o duelo polo terceiro posto, pero o metal foi para o Montrove. Comezaron o partido con pequenas diferenzas para ambos os lados do marcador, pero ao final as de Oleiros se impuxeron por 65-77.

SEIS DO NADAL 17 - 68 SARRIA

Seis do Nadal: Eva, Ruth, Noa, Candela, Érika, Naiara, Carolina, Marina, Luz e Emma.
CB Sarria: Sara, Helena, Llara, María, Jimena, Noa, Abril, Alba, María P e María G.
Parciais: 01-14/03-13/05-07/05-09/03-23/00-02.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.

ACADEMIA CELTA 65 - 60 SARRIA

Academia Celta: Carla, Zoe, Mía, Aroa, Clara, Paula, María, Alba, Elena, Antína, Ainhoa e Julia.
CB Sarria: Sara, Helena, Llara, María, Jimena, Noa, Abril, Alba, María P e María G.
Parciais: 04-11/08-06/13-10/11-10/09-07/20-16.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.

SARRIA 65 - 77 MONTROVE

CB Sarria: Sara, Helena, Llara, María, Jimena, Noa, Abril, Alba, María P e María G.
Montrove: Adela, Carla, Lucía, Gabriela, Carla M, Vega, Jana, Daniela, Noa e Claudia.
Parciais: 08-07/09-08/10-13/09-10/11-09/18-30.
Cancha: Manuel Coto Ferreiro.

 

 
1ª MINI FEMININA - FASE FINAL

1ª Eliminatoria

Seis do Nadal 17-68 Sarria
Brión 72-47 CAB Social

Semifinais

Montrove 27-60 Brión
Academia Celta 65-60 Sarria

Final

Academia Celta 67-51 Brión

3º Posto

Sarria 65-77 Montrove