O Estudiantes conquista o derbi contra o Sarria na segunda fase

Os celestes, que xa os superaran na primeira fase, encabezan a clasificación xunto co Santo Domingo Betanzos, xa que ningún dos dous equipos perdeu polo momento

Esta fin de semana trouxo ás pistas o primeiro derbi masculino da segunda fase.

Consulta as competicións aquí

Masculina   

O Estudiantes e o Sarria enfrontáronse na capital provincial e foi o conxunto celeste quen conseguiu levarse os dous puntos. Os locais dominaron no rebote e tiveron moitas opcións para anotar. Ademais, aproveitáronse dos erros dos amarelos en situacións sinxelas. Malia que o Sarria tivo bos momentos en defensa, o Estudiantes os superaban moi facilmente no un contra un, o que propiciou que o duelo rematara cun marcador de 77-45.

PRIMEIRA MINI MASCULINO - SEGUNDA FASE NORTE A1

Resultados xornada 4  

Galogrín 52-77 Betanzos
Estudiantes 77-45 Sarria
Obradoiro 35-70 Básquet Coruña

Próxima xornada 

Galogrín - Betanzos
Estudiantes - Sarria
Obradoiro - Básquet Coruña

    

Feminina

Na categoría feminina os dous equipos lucenses saíulles cruz esta xornada. No grupo A1 o Burela perdeu por terceira vez nas catro xornadas que leva a segunda fase. As laranxas xogaron a domicilio contra o CAB Social nun partido que, malia ter momentos bos, caeu do lado das locais. Pola parte do Sarria, no grupo A2, foi superado polo Básquet Coruña, tamén coma visitante. A lesión de María Grandas pesou moito no seu equipo, custoulles anotar e resultoulles imposible competir contra un rival que foi mellor durante todo o partido.

 
PRIMEIRA MINI FEMININO - SEGUNDA FASE A1

Próxima xornada

CAB Social 47-33 Burela
Culleredo 42-47 Seis do Nadal
Celta Celeste 19-69 Montrove

Próxima xornada

Montrove - CAB Social
Seis do Nadal - Celta Celeste
Burela - Culleredo

    

PRIMEIRA MINI FEMININO - SEGUNDA FASE A2

Resultados xornada 4

Compostela A CB Brión
Básquet Coruña 46-30 Sarria
PBB A 26-77 Celta

Próxima xornada

Celta - Compostela
Sarria - PBB A
Brión - Básquet Coruña