O Estudiantes conseguiu o segundo triunfo na loita polo campionato

Os celestes fixéronse sen problemas co partido contra o Obradoiro, pero no caso do Sarria, os amarelos saíron derrotados

A segunda xornada deixou o mesmo balance na categoría masculina, mentres que na feminina o Sarria estreouse na vitoria e o Burela caeu.

Consulta as competicións aquí

Masculina    

O Estudiantes acumula dúas vitorias nesta nova fase, xa que esta semana gañoulle ao Obradoiro na casa. Os celestes impuxéronse cun marcador de 74-47 que os deixa no segundo posto da clasificación. No caso do Sarria, volveron saír derrotados. O Galogrín impúxose no Novo Pavillón do Chanto, nun partido de ti a ti que puido caer para calquera. Nos tres primeiros cuartos os amarelos foron claros dominadores en tódalas facetas do xogo, pero no último período os visitantes impuxéronse no rebote e as segundas opcións déronlles o partido. 

PRIMEIRA MINI MASCULINO - SEGUNDA FASE NORTE A1

Resultados xornada 2 

Sarria 66-71 Galogrín
Betanzos 94-49 Básquet Coruña
Estudiantes 74-47 Obradoiro

Próxima xornada 

Galogrín - Obradoiro
Básquet Coruña - Estudiantes
Sarria - Betanzos


    
    

Feminina

Na categoría feminina, o Burela caeu contra o Montrove no grupo A1. No duelo celebrado na Mariña comezaron mellor as visitantes, levándose o marcador ao seu favor ao descanso. As laranxas repuxéronse na segunda metade e malia que se achegaron moito non conseguiron darlle a volta ao resultado. No caso do Sarria, no A2, gañoulle ao Compostela por 64-16 grazas á súa regularidade. As amarelas mantiveron unha liña de traballo forte durante todo o partido, xogando ordenadas e coas metas claras. Ás súas rivais seguíronlles o ritmo no primeiro cuarto, pero un parcial de 14-0 no segundo período deixounas sen opcións. Dende aí, o Sarria seguiu dominando e buscou ataques máis logos na segunda metade, buscando a participación de todas.

 
PRIMEIRA MINI FEMININO - SEGUNDA FASE A1

Resultados xornada 2

Seis do Nadal ND CAB Social
Burela 48-55 Montrove
Culleredo 55-52 Celta Celeste

Próxima xornada

CAB Social - Celta Celeste
Montrove - Culleredo
Seis do Nadal - Burela

    
PRIMEIRA MINI FEMININO - SEGUNDA FASE A2

Resultados xornada 2

Sarria 64-16 Compostela
Brión 53-50 Celta
Básquet Coruña 80-29 PBB A

Próxima xornada

Compostela - PBB A
Celta - Básquet Coruña
Sarria - Brión