Vitorias dos dous equipos lucenses na Primeira júnior masculina

Na feminina, só o Ensino se levou os dous puntos, xa que o Estudiantes caeu contra un duro rival, o Celta

Masculina

Segunda Fase Grupo A2   

A Primeira júnior masculina viu esta novena xornada a vitoria para os dous equipos lucenses. O Ensino segue invicto á cabeza da clasificación e esta vez impúxose ao Ourense nun partido que se prevía complicado, ao xogar contra o terceiro clasificado no Paco Paz. Os lucenses conseguiron ser consistentes no inicio a través da defensa, en ataque foron mellorando ata encontrar o seu ritmo e pouco a pouco, controlando o rebote e mantendo o nivel defensivo, sacaron vantaxe ata levarse o triunfo.

No caso do Estudiantes, asinou a cuarta vitoria da fase na casa contra o Cambre, un partido moi importante para achegarse á salvación. O cadro celeste estivo serio dende o inicio, sólidos en defensa e con bo porcentaxe de acerto no primeiro cuarto, o que lle permitiu afastarse no marcador. Os lucenses intentaron manter un nivel moi alto durante todo o encontro, no terceiro cuarto o ritmo baixou a causa das faltas, pero sen perder a dinámica anotadora o Estudiantes acabou vencendo cun taboleiro de 91-57.

Consulta a clasificación aquí

OURENSE 58 - 89 ENSINO

CB Ourense: Brayan, Ronny, Nicolás, Rodrigo, Hugo, Alejandro, Santiago, Iago, Javier, Iker e Manuel.
Ensino: Carlos, Ismael, Julián, Gabriel, Alexis, Roi, Samuel, Néstor, Carlos, Jorge e Cheick.
Parciais: 10-19/19-28/14-23/15-19.
Cancha: Paco Paz.

ESTUDIANTES 91 - 57 CAMBRE

Estudiantes Lugo: Igancio, Daniel, Antón, Diego, Samuel, Mateo, Manuel V, Esteban, Pablo e Leo.
CB Cambre: Mateo, Jesús, Noah, Xabier, Bruno, Brais, Alberto, Xián F, Xián e David.
Parciais: 29-12/21-11/20-21/21-13.
Cancha: Anexo do Pazo.


Resultados xornada 9

Ourense 58 89 Ensino
Estudiantes 91 57 Cambre
Tui 73 74 Ames

Próxima xornada 

Ames - - Cambre
Montrove - - Ourense
Ensino - - Tui

 

Feminina

Segunda Fase Grupo A1

Na categoría feminina só o Ensino foi quen de levarse a vitoria. As lucenses, líderes da lista do grupo A1, impuxéronse a domicilio contra o Miralba Celta. O equipo da capital provincial fixo unha moi boa primeira metade a nivel defensivo, o que lles deu confianza para ir crecendo en ataque. Xogou con espazos moi claros e un alto ritmo que lles permitiu aumentar a distancia no marcador ata matalo co 27-95 definitivo.

Consulta a clasificación aquí

MIRALBA CELTA 27 - 95 ENSINO

Miralba Celta: Daniela, Carmen, Elena, Daniela, Uxía, Julia, Ines, Margarita e Alexandra.
Ensino: Naroa, Henar, Carla, Inés, Iris, Candela, Sabela, Carmen, Noa e Andrea.
Parciais: 05-27/06-28/03-18/13-22.
Cancha: Navia.

 

Resultados xornada 7

Culleredo 57 74 Salesianos Vigo A
Costa Ártabra 54 38 Carmelitas
Miralba Celta 27 95 Ensino

Próxima xornada 

Salesianos Vigo A - - Miralba Celta
Culleredo - - Costa Ártabra
Ensino - - Carmelitas

 

Segunda Fase Grupo A2

No grupo A2 ao Estudiantes tocoulle enfrontarse contra un dos mellores equipos da competición, o Celta. A diferencia entre os dous equipos foi evidente, as de Vigo dominaron fisicamente e superaron os un contra un para anotar con bastante facilidade. Na segunda metade as celestes conseguiron mellorar en defensa e aumentaron o acerto no tiro exterior, o que fixo que, aínda que saíran derrotadas (39-88), remataran o partido con mellores sensacións.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 39 - 88 CELTA

Estudiantes Lugo: Laura, Isabel, Cristina, María, Clara, Lola, Ana, Ariadna, Paula, Iria e María.
Celta Zorka: Paula, Lara, Antía, Iria, Uxía, Gabriela, Uxía, Gabriela, Alba, Cloe e Teresa.
Parciais: 07-23/06-20/11-22/15-23.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 7

Peleteiro 27 59 Básquet Coruña
Estudiantes 39 88 Celta
PBB A 32 75 Compostela

Próxima xornada

Estudiantes - - Peleteiro
Celta - - PBB A
Compostela - - Básquet Coruña
 

Más en Primeira Júnior