O Ensino asegúrase o primeiro posto a falta de dúas xornadas para rematar a liga regular

As lucenses mantéñense invictas, mentres que os seus compañeiros da masculina ocupan a segunda posición con só dous partidos perdidos

A Primeira júnior está chegando ao seu fin e esta xornada, na feminina, o Ensino asegurou o primeiro posto e, na masculina, o segundo

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

O Ensino confirmou coa vitoria da fin de semana o primeiro posto na liga regular. As lucenses enfrontáronse ao Carmelitas Ourense e viviron un duelo bastante máis igualado do que di o marcador. Comezaron mandando e impoñendo un grande ritmo, pero o rival conseguiu frealas e paroulles o xogo, co que tiveron que xogar en estático e baixaron o ritmo anotador. No segundo cuarto fixeron un grande traballo en defensa e ao final puideron aumentar a diferenza no marcador ata o 57-72 final.

No caso do Estudiantes, ocupa o oitavo posto e suma 21 puntos despois dos dous duelos que disputou esta semana. O xoves enfrontouse contra o Compostela, no partido pendente da xornada 12 e caeron por 36-68. Os visitantes saíron dominando ao partido, mentres que as celestes tiveron moi mala sorte xa que na primeira xogada sofren a lesión de Iria. Despois empezaron a competir mellor e plantáronlle cara a un moi bo equipo ata o descanso. No terceiro parcial o Compostela rompe o partido, pero o Estudiantes acabou con boas sensacións o partido. No duelo do domingo, contra o Celta, tamén foron derrotadas. Á baixa de Iria sumaron a de Nerea, xogadoras importantes para o cadro lucense, que non conseguiu a regularidade necesaria para competir ante un equipo tan físico como o de Vigo.

O Sarria viaxou a Ferrol para enfrontarse contra o BBCA e foron superadas por 72-51. Malia o resultado, fixeron un partido completo en liñas xerais, conseguindo poñerse por diante no inicio do terceiro cuarto. Porén, no último período faltáronlle forzas tralo desgaste físico sufrido durante todo o partido.

CARMELITAS OURENSE 41 - 62 ENSINO

Carmelitas Ourense: Sara, Laura, Marta, Laura E, Helena, Alba, Lucía e Irene.
Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Noa, Carmen, Iris, Carmen P e Lucía.
Parciais: 14-19/02-11/16-11/09-21.
Cancha: Vedruna.

BBCA 72 - 51 SARRIA

BBCA: Ana, Paula, Alejandra, Mónica, Sofía A, Sofía V, Lucía e Sara.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Catalina, Eva, Claudia, Sara, Paula, Lucía, Sara T e Zoe.
Parciais: 19-09/19-17/15-19/19-06.
Cancha: Javier Gómez Noya.

ESTUDIANTES 31 - 98 CELTA ZORKA

Estudiantes Lugo: Candela, Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, María, Laura, Ana, Ariadna e Paula.
Celta Zorka: Paula, Yara, Marta, Rokiatou, Uxía, Naiara, Cloe, Teresa, Claudia e Leyre.
Parciais: 07-23/07-23/11-26/06-26.
Cancha: Anexo do Pazo.
 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 21 

Compostela 94-33 Maristas Coruña
BBCA 72-51 Sarria
Carmelitas 41-62 Ensino
Estudiantes 31-98 Celta Zorka
Miralba Celta A PBB A
  D Arxil A

Próxima xornada 

PBB A - Celta Zorka
Estudiantes - Carmelitas
Ensino - Sarria
BBCA - Compostela
Maristas Coruña - Arxil A
  D Miralba Celta

 

Masculina

En canto á categoría masculina, o Ensino asegurouse quedar no segundo posto despois de vencer ao Tui a domicilio por 57-72.  O duelo comezou con erros por parte dos dous equipos, predominando una defensa local moi pechada que complicou o ataque lucense. Toda a primeira metade se mantivo moi igualada e o marcador foise ao descanso cunha diferenza de tan só tres puntos. Despois do paso polos vestiarios o Ensino conseguiu contrarrestar esa defensa do Tui e fixo un parcial demoledor que decantou ao seu favor o encontro. Manuel Ruano destacou no partido anotando máis de 20 puntos, ben acompañado por Pablo Díaz e Samuel.

O Estudiantes afastouse do Compostela ao caer contra eles en Santiago. Os celestes comezaron ben o partido e o primeiro cuarto estivo bastante igualado. Malia isto, os locais aproveitáronse dos erros en defensa e rebote do conxunto lucense para abrir unha fenda no marcador no terceiro período. O Estudiantes saíuse completamente do partido e non foron capaces de volver á intensidade inicial, co que acabaron perdendo por 79-60.

Pola parte do San Ciprián, tampouco foi quen de sacar os dous puntos no partido a domicilio contra o Blanco Amor. Os da Mariña foron a remolque a maior parte do tempo, pero unha defensa zonal lles permitiu chegar ao final do partido con vantaxe. Aínda así, non conseguiron asegurar o marcador e falta de cinco segundos, con dous puntos por riba, chegou unha xogada determinante. Despois dun tiro libre dos visitantes, o balón acaba nas mans dun rival e tras darlle un codazo a un xogador lucense lanza sobre a bucina. Os árbitros non pitaron falta e o partido foise á prórroga, situación que supuxo as queixas do equipo lucense e a expulsión do seu adestrador. Ao final, a situación superou ao San Ciprián e acabou perdendo o partido.

TUI 57 - 72 ENSINO

Tui: Javier, Alejandro, José, David, Nicolás, Bruno e Iván.
Ensino: Ismael, Manuel, Hugo, Marcos, Miguel, Pablo, Smauel, Néstor, Ramiro e Jorge.
Parciais: 13-14/17-19/09-22/18-17.
Cancha: Tui Canónigo.

COMPOSTELA 79 - 60 ESTUDIANTES

Institutos de Compostela: Miguel, Carlos, Antón, Roi, Daniel, Alfie, Hugo, Pablo, Jorge, Jacobo, Joaquín e Anxo.
Estudiantes Lugo: Miguel, Brais, Alessander, Óscar, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Pablo e Leo.
Parciais: 18-17/16-14/24-16/21-13.
Cancha: Instituto Rosalía.

BLANCO AMOR 73 - 64 SAN CIPRIÁN

Eduardo Blanco Amor: Lucas, Xurxo, Mateo, Aarón, Alex, Mussie, Óscar, Fabio, Diego, Martín, Santiago e Martín.
San Ciprián: Manuel, Carlos, Marcos, José M, Antón, Plácido, Diego e Nicanor.
Parciais: 18-17/16-10/12-16/11-14/16-07.
Cancha: Universitario Campus Sur.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 24

Tui 57-72 Ensino
Basket Ferrol 60-80 Seis do Nadal
Compostela 79-60 Estudiantes
Blanco Amor 73-64 San Ciprián
Compañía de María 79-59 Ourense
Bosco Salesianos 43-80 Obradoiro
  D Novobasket

Próxima xornada

Novobasket - Bosco Salesianos
Obradoiro - Compañía de María
Ourense - Blanco Amor
San Ciprián - Compostela
Estudiantes - Basket Ferrol
Seis do Nadal - Ensino
  D Tui