Pleno de triunfos locais para os lucenses da Primeira júnior

O San Ciprián venceu nun igualado duelo ao Compañía de María, mentres que o Estudiantes Lugo e o Ensino gañaron con máis comodidade 

Gran xornada lucense na Primeira júnior, onde soamente se rexistrou unha derrota entre os seis equipos da provincia.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

Na masculina, o Ensino superou a un Basket Ferrol moi loitador. Os lucenses saíron á pista co obxectivo de dominar o encontro e así o fixeron. No primeiro período conseguiron levarse un parcial de 28-14 que lles deu unha vantaxe que administraron ata o final. Foi un partido con minutos para tódolos xogadores onde destacou Samuel, tanto en ataque coma en defensa.

O Estudiantes e o San Ciprián tamén sumaron os dous puntos esta xornada. Os celestes gañaron ao Blanco Amor nun partido moi importante para recuperar a confianza. Dende o principio estiveron concentrados e dominando o rebote. Os de Ourense impuxeron unha defensa en zona que souberon ler e sacar cestas con facilidade. No caso do San Ciprián, impúxose na casa ao Compañía de María. Despois dun grande inicio de partido, con moita mobilidade de balón e boa lectura do xogo, conseguiron anotar 27 puntos. No segundo cuarto, baixaron o acerto e a fluidez en ataque, o que propiciou unha reacción dos rivais e fóronse seis puntos arriba ao descanso. No segundo tempo os da Mariña axustaron a sua defensa e unha boa serie de tiros libres finais deulles a vantaxe suficiente para levarse o choque.

SAN CIPRIÁN 85 - 79 COMPAÑÍA DE MARÍA

San Ciprián: Manuel, Nicanor, Carlos, Antón, Marcos, José M, Diego, Raúl, Plácido e Fabio.
Compañía de María: Henok, Alejandro, Martín, Pedro, Jorge, Juan, Matheus, Miguel, Marcos, Manuel e Iago.
Parciais: 27-19/12-25/27-12/19-23.
Cancha: Marzán.

ESTUDIANTES 86 - 48 BLANCO AMOR

Estudiantes Lugo: Miguel, Brais, Alessander, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Pablo e Leo.
Ourense Eduardo Blanco Amor: Xurxo, Aarón, Alex, Mussie, Óscar, Fabio, Diego, Fernando, Martín, Santiago e Martín A.
Parciais: 20-10/28-08/22-12/16-18.
Cancha: Anexo do Pazo.

ENSINO 81 - 46 BASKET FERROL

Ensino: Ismael, Elías, Manuel, Hugo, Marcos, Miguel, Pablo, Samuel, Néstor, Ramiro e Jorge.
Basket Ferrol: Juan, Unai, Pablo, Miguel, Pedro, Mario e Pedro R.
Parciais: 28-14/17-17/17-08/19-07.
Cancha: Seminario Menor.
 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 23

Tui 81-51 Novobasket
Ourense 71-96 Bosco Salesianos
San Ciprián 85-79 Compañía de María
Estudiantes 86-48 Blanco Amor
Seis do Nadal 60-83 Compostela
Ensino 81-46 Basket Ferrol
  D Obradoiro

Próxima xornada

Tui - Ensino
Basket Ferrol - Seis do Nadal
Compostela - Estudiantes
Blanco Amor - San Ciprián
Compañía de María - Ourense
Bosco Salesianos - Obradoiro
  D Novobasket

 

Feminina

Na feminina, o Ensino disputou un partido moi igualado contra o Celta Zorka, outro dos grandes equipos da categoría. O equipo da capital provincial comezou moi ben, cun gran ritmo defensivo e índose con 12 puntos por riba no marcador. No segundo cuarto o duelo atrancouse, se lles pechou o aro e as de Vigo freáronas coa súa zona. No terceiro cuarto mantívose a mesma dinámica, o Ensino estivo ben en rebote e defensa, pero non tiveron tanto acerto como no inicio. A falta de cinco minutos as do Celta conseguiron poñerse oito puntos por riba, pero as ensinistas sacaron todo o seu carácter para conseguir o triunfo nun final que puido caer para calquera.

No caso do Estudiantes, o marcador caeu do lado do Miralba Celta. As celestes empezaron o partido moi ben, con verticalidade e facendo un bo traballo en defensa. No segundo cuarto o equipo de Lugo atascouse ofensivamente e afectáronlle as decisión arbitrais co que o partido se iguala. No terceiro cuarto o Estudiantes volve facer un bo baloncesto, aproveitaron as súas vantaxes na pista e fóronse de dez no marcador. Malia isto, no derradeiro cuarto comenzaron a cometer erros polos nervios e o Celta engánchase ao partido. Un erro defensivo custoulles unha tripla e tras non acertar nos tiros libres, as visitantes volven meter dende a liña de tres para levarse a vitoria.

Con isto, a outra vitoria lucense da xornada foi para o Sarria, que se impuxo coma visitante ante o Maristas Coruña. No primeiro cuarto, as perdas e o rebote defensivo custáronlles moitas cestas fáciles, pero conseguiron impoñerse no marcador antes do descanso. Á volta do intermedio deixaron ver unha grande circulación do balón que lles permitiu ás amarelas atopar situación de tiros cómodos tanto curtos como largos que lles fixo romper o encontro.

ESTUDIANTES 63 - 64 MIRALBA CELTA

Estudiantes Lugo: Candela, Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, María, Laura, Carolina, Ana, Ariadna e Paula.
Miralba Celta: Lara, Carmen, Uxía, Alba, Judith, Carlota, Iria e Alexandra.
Parciais: 22-12/08-16/21-13/12-23.
Cancha: Anexo do Pazo.

ENSINO 66 - 65 CELTA ZORKA

Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Noa, Carmen, Iris, Idaira, Carmen e Lucía.
Celta Zorka: Paula, Greta, Yara, Marta, Rokiatou, Uxía, Gabriela, Naiara, Cloe, Teresa, Claudia e Leire.
Parciais: 22-12/14-16/13-18/17-19.
Cancha: Seminario Menor.

MARISTAS CORUÑA 53 - 71 SARRIA

Maristas Coruña: Lucía, Bianca, Alba, Laura, Helena, Andrea, Lucía, Carlota, Antía, Lara, Paula e Inés.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Catalina, Eva, Claudia, Sara, Paula, Sara T e Zoe.
Parciais: 14-12/12-20/12-19/15-20.
Cancha: Colexio Elviña.
 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 19 

Estudiantes 63-64 Miralba Celta
Ensino 66-65 Celta Zorka
BBCA 51-70 Carmelitas
Maristas Coruña 53-71 Sarria
Arxil A 28-76 Compostela
  D PBB A

Próxima xornada 

Compostela - Maristas Coruña
BBCA - Sarria
Carmelitas - Ensino
Estudiantes - Celta Zorka
Miralba Celta - PBB A
  D Arxil A