O Ensino agárrase ao podio tras vencer ao Compostela nun igualado partido

Os lucenses impuxéronse a domicilio por tan só un punto de diferenza no marcador e foron o único equipo da provincia en levarse o triunfo na masculina
Unha imaxe de arquivo do duelo da pasada xornada entre o Estudiantes e o Bosco. Foto Bera Arias
photo_camera Unha imaxe de arquivo do duelo da pasada xornada entre o Estudiantes e o Bosco. Foto Bera Arias

O Ensino afastou ao Compostela na masculina ao gañarlle en Santiago, mentres que na feminina tumbou ao Miralba Celta.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O conxunto masculino do Ensino enfrontouse contra outro gran equipo da Primeira, o Compostela. O duelo estivo igualado con distancias non superiores a seis e sete puntos e cun constante intercambio de cestas entre ambos. Os lucenses non estiveron cómodos en ningún momento, pero a falta de tres minutos conseguiu pechar a súa defensa e situarse un punto por riba. Os continuos erros na liña de tiros libres dos dous conxuntos decidiron o encontro e caeu do lado dos vermellos.

O Estudiantes e o San Ciprián, pola contra, foron derrotados a domicilio. Os celestes perderon un partido importante contra o Compañía de María, no que sempre foron a remolque e  lles faltou intensidade. No caso dos da Mariña, o seu rival foi o Bosco Salesianos, que se impuxo por 85-63. O San Ciprián competiu ben ata que os rivais impuxeron unha defensa zonal que non souberon atacar. 

COMPOSTELA 76 - 77 ENSINO

Institutos de Compostela Xunta de Galicia: Miguel, Carlos, Antón, Roi, Daniel, Alfie, Hugo, Pablo, Jorge, Jacobo, Joaquín e Anxo.
Ensino: Manuel, Ismael, Elías, Manuel, Hugo, Marcos, Miguel, Pablo, Samuel, Néstor, Ramiro e Jorge.
Parciais: 22-27/24-17/16-18/14-15.
Cancha: Instituto Rosalía de Castro.

COMPAÑÍA DE MARÍA 88 - 83 ESTUDIANTES

Compañía de María: Henok, Alejandro, Martín, Jorge, Juan, Pedro, Matheus, Miguel, Marcos, Manuel e Iago.
Estudiantes Lugo: Miguel, Brais, Alessander, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Pablo e Leo.
Parciais: 21-22/22-24/22-13/23-24.
Cancha: Compañía de María.

BOSCO SALESIANOS 85 - 63 SAN CIPRIÁN

Bosco Salesianos: Armel, Martín, Juan M, Joel, Álvaro, Noé, Carlos, Miguel, Richard, Pablo e Alejandro.
San Ciprián: Manuel, Carlos, Marcos José María, Antón, Plácido, Diego e Nicanor.
Parciais: 20-17/23-22/21-13/21-11.
Cancha: Polideportivo Salesianos.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 22

Basket Ferrol 57-69 Tui
Compostela 76-77 Ensino
Blanco Amor 71-62 Seis do Nadal
Compañía de María 88-83 Estudiantes
Bosco Salesianos 85-63 San Ciprián
Novobasket 66-80 Obradoiro
  D Ourense

Próxima xornada

Tui - Novobasket
Ourense - Bosco Salesianos
San Ciprián - Compañía de María
Estudiantes - Blanco Amor
Seis do Nadal - Compostela
Ensino - Basket Ferrol
  D Obradoiro

 

Feminina

Na feminina a vitoria tamén caeu do lado do Ensino, e a esta sumouselle a do Sarria. As da capital provincial gañaron en Vigo ao Miralba Celta cun amplo marcador de 48-104. Malia a grande diferenza, ao Ensino custoulle sacar a diferenza no primeiro cuarto, ante un rival que se meteu no partido. No segundo cuarto a reacción defensiva do equipo fixo que conseguiran anotar moito máis e despois de irse ao descanso por riba controlaron a vantaxe ata o final. As amarelas, pola súa parte, foron superiores ao Arxil A, un rival moi intenso fisicamente. Grazas á intensidade defensiva o Sarria levouse o duelo ao seu terreo. A súa grande circulación de balón e o rebote nos dous aros foron a clave para conseguir a vitoria.

No caso do Estudiantes, rematou perdendo contra o PBB A nun enfrontamento competido. As celestes saíron ben ao parqué, pero faltoulles fluidez en ataque e, malia ter as primeiras vantaxes, non lograron distanciarse no marcador. No terceiro cuarto o Estudiantes tivo o seu mellor momento ofensivo, pero o Arxil aumentou a dureza defensiva e engancharonse ao partido, para acabar dominando por completo o rebote e levarse o partido no último minuto.

SARRIA 60 - 54 ARXIL A

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Catalina, Eva, Claudia, Sara, Paula, Sara T e Zoe.
CB Arxil A: María, Mara, Laura, Carla, Valerie, Nuria, Marta, Mar e Alba.
Parciais: 15-11/14-11/14-16/17-16.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

MIRALBA CELTA 48 - 104 ENSINO

Miralba Celta: Lara, María, Carmen, Uxía, Paola, Alba, Judith, Carlota e Iria.
Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Noa, Carmen, Iris, Carmen e Lucía.
Parciais: 16-19/10-42/12-15/10-28.
Cancha: Navias Lamelas.

PBB A 70 - 67 ESTUDIANTES

PBB A: Shaila, Paula, Mafalda, Natalia, Raquel, Sara, Mencía, Marina, Paula, Natalia e Gemma.
Estudiantes Lugo: Candela, Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, Maria, Laura, Ana, Ariadna e Paula.
Parciais: 07-13/21-18/16-21/26-15.
Cancha: Porriño.
 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 18 

Sarria 60-54 Arxil A
Carmelitas 84-38 Maristas Coruña
Celta Zorka 92-38 BBCA
Miralba Celta 48-104 Ensino
PBB A 70-67 Estudiantes
  D Compostela

Próxima xornada 

Estudiantes - Miralba Celta
Ensino - Celta Zorka
Carmelitas - BBCA
Maristas Coruña - Sarria
Arxil A - Compostela
  D PBB A