O Ensino supera de novo ao Estudiantes no derbi lucense

As vermellas impuxéronse ás súas rivais da capital grazas á seu traballo en defensa e en rebote, que lles permitiu ir ampliando a diferenza no marcador

Lugo celebrou esta fin de semana un derbi na feminina, no que se impuxo o Ensino ao Estudiantes. Na masculina, os ensinistas gañaron a domicilio, mentres que o San Ciprián foi derrotado nos últimos intres.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

A xornada número 16 da categoría feminina enfrontou en Lugo ao Estudiantes e ao Ensino. Ambos os equipos saíron ben á pista, pero mentres que as celestes comezaron a cometer certos erros, as vermellas corrían con facilidade e afastáronse sen problemas no marcador. Malia esa diferenza, o partido baixou de ritmo, xa que ao Ensino custoulle circular o balón. Aínda así, as visitantes foron aumentando pouco a pouco a vantaxe, grazas ao bo traballo defensivo e en rebote, que lles permitiu dominar o partido en todo momento.

ESTUDIANTES 38 - 85 ENSINO

Estudiantes Lugo: Candela, Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, Laura, Carolina, Ana, Ariadna e Paula.
Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Noa, Carmen, Iris, Idaira, Carmen P, Lucía e Juliet.
Parciais: 07-23/07-18/11-29/13-15.
Cancha: Anexo do Pazo.
 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 16

Carmelitas Ourense 51-47 Compostela
Celta Zorka 77-45 Arxil A
Miralba Celta A Maristas Coruña
PBB A 81-84 BBCA
Estudiantes 38-85 Ensino
  D Sarria

Próxima xornada 

Ensino - PBB A
BBCA - Miralba Celta
Maristas Coruña - Celta Zorka
Arxil A - Carmelitas
Compostela - Sarria
  D Estudiantes

 

Masculina

Na masculina, o Ensino segue cuarto e esta semana venceu a domicilio ao Compañía de María. Os de Lugo presentáronse en Santiago coas baixas de Pablo e Manu coa intención de seguir sumando vitorias para manterse na parte alta da táboa. O partido comezou cun intercambio constante de cestas, ocasionado polos erros defensivos de ambos os equipos. O Ensino conseguiu unha vantaxe de dez puntos grazas ao dominio interior de Manuel Ruano e no segundo cuarto aumentaron a diferencia no marcador. Tralo descanso aos lucenses se lles atascou a defensa zonal dos locais, pero contrarrestaron co acerto nos tiros libres. No último cuarto o ritmo volveu a ser moi intenso e os do Compañía de María conseguiron camuflar o resultado co 59-75 definitivo.

No caso do San Ciprián, disputou un partido moi igualado contra o Novobasket, que se decidiu no último minuto con cruz para os da Mariña. Os lucense fixeron un moi bo partido, pero a baixa de Dani, a lesión de Marcos en medio do partido e a quinta persoal de Nicanor ao inicio do terceiro cuarto, lles obrigou a facer un esforzo maior que non se viu recompensado coa vitoria. O pouco acerto nos tiros libres e unha xogada polémica nos últimos segundos, deixoulles de novo coa mel nos beizos.

COMPAÑÍA DE MARÍA 59 - 75 ENSINO

Compañía de María: Henok, Alejandro, Martín, Pedro, Jorge, Juan, Cristobal, Matheus, Miguel, Marcos, Maneul e Iago.
Ensino: Hugo, Samuel, Ismael, Elías, Marcos, Manuel, Miguel, Jorge e Ramiro.
Parciais: 14-24/11-18/11-12/23-21.
Cancha: Compañía de María.

NOVOBASKET 60 - 56 SAN CIPRIÁN

Novobasket: Javier, Adrián, Julián, Daniel, Sergio, Setota, Jacobo, Víctor, Omar, Alejandro, Nicolás C e Nicolás M.
San Ciprián: Manuel, Nicanor, Carlos, Antón, Marcos, José M, Diego e Raúl.
Parciais: 18-17/09-08/16-16/17-15.
Cancha: Círculo Mercantil de Vigo.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 20

Compostela 84-68 Tui
Blanco Amor 60-49 Basket Ferrol
Compañía de María 59-75 Ensino
Bosco Salesianos 90-69 Seis do Nadal Coia
Novobasket 60-56 San Ciprián
Obradoiro Peleteiro 104-53 Ourense 
  D Estudiantes

Próxima xornada

Tui - Obradoiro Peleteiro
Ourense - Novobasket
Estudiantes - Bosco Salesianos
Seis do Nadal - Compañía de María
Ensino - Blanco Amor
Basket Ferrol - Compostela
  D San Ciprián

 

Más en Primeira Júnior