O Ensino volve ao parqué despois de dúas xornadas vencendo ao Bosco Salesianos

Os vermellos impuxéronse na casa nun partido moi igualado e pasaron ao terceiro posto da clasificación

Tras dúas xornadas sen competir na masculina, o Ensino volveu á vestir a camiseta con vitoria. O Estudiantes gañou na casa ao Novobasket, pero o San Ciprián caeu contra os líderes. Na feminina, derrotas do Sarria e do Estudiantes.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

A xornada número 19 deixou ao Ensino no terceiro posto da clasificación. Despois de dúas fins de semana sen xogar, enfrontáronse na casa contra o Bosco Salesianos e leváronse unha importante vitoria. Dende o inicio a zona ourensana intentou contrarrestar o ataque dos ensinistas, que eran castigados con transicións que mantiñan ao Bosco por riba no segundo cuarto. Un cambio de actitude defensiva e ofensiva dos locais recortaron distancia a dous puntos antes do descanso. O paso polos vestiarios axudou ao Ensino a darlle a volta ao marcador e chegar a un final apertado no que se levou o triunfo por 67-62.

O Estudiantes suma 29 puntos ao gañar ao Novobasket, rival directo pola quinta posición. Na primeira parte os visitantes sacaron da pista ao equipo de Lugo, que non foi capaz de correr nin rebotear. No segundo tempo os celestes foron subindo pouco a pouco  o nivel defensivo e puideron correr algo máis e darlle a volta ao marcador, pero os erros en defensa e en rebote fixeron que o encontro fora moi duro ata o final. 

En canto ao San Ciprián, tocoulle enfrontarse na Mariña contra o Obradoiro Peleteiro, o líder da clasificación. A pista foi testemuña da diferencia física entre ambos os equipos, a cal os lucenses soamente puideron compensar con tiro exterior e circulación do balón en momentos do segundo e terceiro cuarto.

ENSINO 67 - 62 BOSCO SALESIANOS

Ensino: Manuel, Ismael, Elías, Manuel, Hugo, Marcos, Miguel, Pablo, Samuel, Néstor e Jorge.
Bosco Salesianos: Armel, Martin, Juan M, Joel, Noé, Carlos, Richard, Pablo e Alejandro.
Parciais: 15-19/19-17/17-12/16-14.
Cancha: Seminario Menor.

SAN CIPRIÁN 47 - 90 OBRADOIRO PELETEIRO

San Ciprián: Manuel, Nicanor, Carlos, Antón, Marcos, José María, Diego e Fabio S.
Obradoiro Peleteiro: Mateo, Román, Juan J, Marc, André, Nicolás, Xoán, Jacobo, Hadrián, el Hadju e Diego.
Parciais: 05-21/16-25/18-23/08-21.
Cancha: Municipal da Veiga.

ESTUDIANTES 64 - 59 NOVOBASKET

Estudiantes Lugo: Miguel, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Pablo J, Manuel, Ismael, Leo e Samuel N.
Novobasket: Javier, Adrián, Julian, Daniel, Sergio, Setota, Jacobo, Víctor, Alejandro, Nicolás C, Nicolás M e Manuel T.
Parciais: 18-25/12-13/16-11/18-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 19

Tui 83-67 Ourense
San Ciprián 47-90 Obradoiro Peleteiro
Estudiantes 64-59 Novobasket
Ensino 67-62 Bosco Salesianos
Basket Ferrol 58-71 Compañía de María
Compostela 74-49 Blanco Amor
  D Seis do Nadal

Próxima xornada

Compostela - Tui
Blanco Amor - Basket Ferrol
Compañía de María - Ensino
Bosco Salesianos - Seis do Nadal Coia
Novobasket - San Ciprián
Obradoiro Peleteiro - Ourense 
  D Estudiantes

 

Feminina

No grupo feminino, saíron á pista o Estudiantes e o Sarria e ambos os equipos quedaron con só un punto. O Ensino descansou esta fin de semana. O duelo do equipo celeste foi a domicilio contra o BBCA, un enfrontamento que comezaron ben, pero no que comezaron a cometer erros que permitiron ás locais anotar facilmente. No segundo tempo o Estudiantes reaccionou, pero a fenda no marcador era xa demasiado ampla. 

O Sarria enfrontouse no Novo Pavillón do Chanto ao Carmelitas e malia ser superadas non lle perderon a cara ao partido en ningún momento. As de Ourense son un dos equipos máis físicos da competición e as amarelas fixeron un bo papel. Faltoulles acerto no rebote e no tiro exterior para ter posibilidades de levarse o partido.

BBCA 74 - 45 ESTUDIANTES

BBCA: Ana, Nadia, Konjjit, Paula, Mónica, Sofía A, Sofía V, Lucía e Sara.
Estudiantes Lugo: Candela, Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, María, Laura, Carolina, Ariadna e Paula.
Parciais: 22-10/20-10/18-14/14-11.
Cancha: Casa do Deporte.

SARRIA 61 - 76 CARMELITAS OURENSE

CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Catalina, Eva, Claudia, Sara, Paula, Lucía, Sara e Zoe.
Carmelitas Ourense: Sara, Laura, Marta, Laura E, Helena, Alba e Irene.
Parciais: 17-18/13-18/11-18/20-22.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 16

BBCA 74-45 Estudiantes
Maristas Coruña 46-73 PBB A
Arxil A 42-53 Miralba Celta
Compostela 62-49 Celta Zorka
Sarria 61-76 Carmelitas
  D Ensino

Próxima xornada

Ensino - PBB A
BBCA - Miralba Celta
Maristas Coruña - Celta Zorka
Arxil A - Carmelitas
Compostela - Sarria
  D Estudiantes

Más en Primeira Júnior