O San Ciprián, na masculina, e o Ensino e Estudiantes conseguiron as vitorias da semana

Os da Mariña leváronse o triunfo a domicilio ante o Ourense. No caso das xogadoras lucenses, gañaron ao BBCA e ao Maristas Coruña

Os dous puntos desta xornada na masculina foron para o San Ciprián, que superou a domicilio ao Ourense. Na feminina, o Ensino e o Estudiantes gañaron na casa, pero o Sarria caeu contra o Celta Zorka.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

Na categoría masculina, esta semana volveron a saír só a pista o Estudiantes e o San Ciprián. Neste caso, cambiaron as tornas con respecto á semana pasada, xa que o Estudiantes foi superado polo Obradoiro Peleteiro, pero os da mariña foron quen de impoñerse ao Ourense. Os celestes enfrontáronse contra os líderes e por momentos foron quen de manter un ritmo alto, pero as perdas e o rebote ofensivo fixeron que baixaran a cabeza.

No caso do San Ciprián, o duelo contra o Ourense comezou mellor para os locais, ca que eles non estiveron agresivos en defensa. No segundo cuarto repuxéronse e conseguiron irse ao descanso por arriba. No terceiro cuarto os da Mariña volveron estar espesos en ataque, pero unha zona 3-2, desestabilizou aos rivais e foron collendo ritmo ata chegar ao final cunha diferenza suficiente para non pasar apuros.

OBRADOIRO PELETEIRO 88 - 52 ESTUDIANTES

Obradoiro Peleteiro: Mateo, Román, Juan J, Marc, André, Álvaro, Xoán, Nicolás, Hadrián, Pablo e Diego.
Estudiantes Lugo: Miguel, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Pablo J e Leo.
Parciais: 22-13/21-20/22-10/23-09.
Cancha: Montouto.

OURENSE 76 - 85 SAN CIPRIÁN

Club Ourense Baloncesto: Ronny, Rodrigo, Pablo, David, Omar, Iago, Mario, Nicolás, Daniel, Mateo, José M e Pablo.
San Ciprián: Manuel, Carlos, José M, Antón, Daniel, Diego, Raúl, Álvaro e Nicanor.
Parciais: 20-15/18-24/16-13/22-33.
Cancha: Pazo Paco Paz.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 18

Blanco Amor 75-73 Tui
Compañía de María 51-77 Compostela
Bosco Salesianos 90-40 Basket Ferrol
Novobasket 100-57 Seis do Nadal
Obradoiro Peleteiro 88-52 Estudiantes
Ourense 76-85 San Ciprián
  D Ensino

Próxima xornada

Tui - Ourense
San Ciprián - Obradoiro Peleteiro
Estudiantes - Novobasket
Ensino - Bosco Salesianos
Basket Ferrol - Compañía de María
Compostela - Blanco Amor
  D Seis do Nadal

 

Feminina

O Ensino despunta na clasificación feminina con 26 puntos. Esta semana conseguiu a vitoria número 13 contra o BBCA no Seminario. As ensinistas comezaron o partido cun alto ritmo anotador e mantiveron a diferenza ata o final. Tamén conseguiu un triunfo o Estudiantes, que se levou o marcador cun 48-30 ante o Maristas Coruña. As celestes tiveron pouco acerto na primeira metade e non se adaptaron a dureza do partido. Foron mellorando na segunda, dominando o rebote e pechando ben o seu aro para distanciarse pouco a pouco no taboleiro.

O Sarria enfrontouse contra o Celta Zorka, un rival de nivel superior que as venceu por 118-27. As amarelas foron dominadas en todo o encontro, as transicións rápidas das rivais e o seu dominio en rebote nos dous aros decidiu o encontro.

CELTA ZORKA 118 - 27 CASTRO 

Celta Zorka: Paula, Greta, Yara, Marta, Rokiatou, Antía, Gabriela, Naiara, Cloe, Teresa, Claudia e Leyre.
CB Sarria: Lúa, Gabriela, Uxía, Catalina, Eva, Claudia, Sara, Paula, Lucía, Sara e Zoe.
Parciais: 22-04/32-09/34-08/30-06.
Cancha: Navia Lamelas.

ESTUDIANTES 48 - 30 MARISTAS CORUÑA

Estudiantes Lugo: Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, María, Laura, Ana, Ariadna e Paula.
Maristas Coruña: Marta, Bianca, Alba, Laura, Helena, Andrea, Lucía, Carlota, Antía, Lara, Paula e Inés.
Parciais: 11-11/10-09/08-05/19-05.
Cancha: Pazo provincial dos Deportes.

ENSINO 86 - 46 BBCA

Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Noa, Carmen, Idaira, Carmen P e Lucía.
BBCA: Ana, Paula, Mónica, Sofía A, Sofía V, Lucía e Sara.
Parciais: 27-12/19-18/23-05/17-11.
Cancha: Seminario Menor.

 

 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 14

Celta Zorka 118-27 Sarria
Miralba Celta 36-63 Compostela
PBB A 65-53 Arxila A
Estudiantes 48-30 Maristas Coruña
Ensino 86-46 BBCA
  D Carmelitas

Próxima xornada

BBCA - Estudiantes
Maristas Coruña - PBB A
Arxil A - Miralba Celta
Compostela - Celta Zorka
Sarria - Carmelitas
  D Ensino