O Ensino e o Estudiantes gañan a domicilio ao Maristas Coruña e ao Arxil A

As vermellas mantéñense invictas, mentres que as estudantís colócanse no oitavo posto da lista
Unha imaxe de arquivo do partido do Ensino da pasada xornada. Foto: Bera Arias
photo_camera Unha imaxe de arquivo do partido do Ensino da pasada xornada. Foto: Bera Arias

A xornada número 13 deixou triunfos para o Ensino e o Estudiantes. Na masculina, o Estudiantes gañou na casa ao Ourense, pero o San Ciprián non se fixo co partido contra o Tui. 

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

O Ensino apuntouse unha nova vitoria contra o Maristas Coruña a domicilio. Aínda que as lucenses comezaron o duelo con pouco acerto, a medida que foi avanzando o primeiro e o segundo cuarto colleron impulso e puxéronse moi por riba no marcador. Fixeron un partido moi completo no que a diferencia entre os dous equipos foi evidente e aproveitaron para seguir practicando cousas novas.

No caso do Estudiantes, levouse tamén unha vitoria coma visitante contra o Arxil A. Dende o principio foi un encontro moi duro, no que as celestes comezaron cun grande acerto que se foi freando a medida que as locais se endureceron. No segundo cuarto ambos os equipos sumaban pequenas vantaxes e tralo descanso a esixencia física aumentou os erros nos tiros. Chegouse ao final cun marcador moi igualado, o Estudiantes meteu dous triplas a falla de dous minutos e mantivéronse por diante no marcador grazas á boa actitude defensiva para conseguir pechar o duelo a través dos tiros libres. 

Esta xornada o Sarria adiou o seu encontro contra o Miralba Celta e volverá á pista a semana que ven para enfrontarse en Vigo contra o Celta Zorka.

MARISTAS CORUÑA 22 - 101 ENSINO

Maristas Coruña: Marta, Lucía, Bianca, Laura, Helena, Andrea, Antía, Lucía, Carlota, Lara, Paula e Inés.
Ensino: Laura, Juliet, Carla, Naroa, Marta, Lucía, Carmen, Idaira e Noa.
Parciais: 06-23/02-31/05-18/09-29.
Cancha: Maristas Colexio Elviña.

ARXIL A 53 - 58 ESTUDIANTES

CB Arxil A: María, Mara, Claudia, Carla, Claudia R, Valerie, Nuria, Marta, Mar e Alba.
Estudiantes Lugo: Iria, Nerea, Celia, Carla, Antía, María, Laura, Carolina, Ana, Ariadna e Paula.
Parciais: 16-14/14-18/07-08/16-18.
Cancha: Universitario Pontevedra.

 

 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 13

Maristas Coruña 22-101 Ensino
Arxil A 53-58 Estudiantes
Compostela 85-37 PBB A
Sarria A Miralba Celta
Carmelitas 53-79 Celta Zorka
  D BBCA

Próxima xornada

Celta Zorka - Sarria
Miralba Celta - Compostela
PBB A - Arxila A
Estudiantes - Maristas Coruña
Ensino - BBCA
  D Carmelitas

 

Masculina

Na masculina, o Estudiantes conseguiu gañar ao Ourense na casa. Os celestes comezaron levándose os primeiros parciais, pero o Ourense apertou na segunda metade e o Estudiantes soubo reaccionar os últimos 20 minutos amosando unha actitude inmellorable para conseguir o triunfo final.

No caso do San Ciprián, caeu contra o Tui nun partido moi irregular no que non puideron manter o nivel de intensidade nunha pista difícil. No primeiro tempo xogaron de ti a ti, pero faltoulles paciencia en ataque e deixaron demasiadas segundas oportunidades en defensa. No segundo tempo cambiamos a zona e o Tui freouse, pero fallaron demasiados tiros como para remontar o marcador.

O Ensino tiña que enfrontarse contra o Novobasket esta xornada, pero adiaron o seu encontro. Os lucenses, ademais, descansarán a próxima semana o que aproveitarán para recuperar efectivos.

TUI 72 - 51 SAN CIPRIÁN

SD Tui: Javier, Alejandro,José, David, Nicolás, Bruno, Carlos, Iván, Lois e Antón.
San Ciprián: Manuel, Nicanor, Carlos, Antón, Marcos, Diego, Raúl, Álvaro e Daniel.
Parciais: 18-12/20-13/23-14/11-14.
Cancha: Tui Ganónigo Valiño.

ESTUDIANTES 72 - 52 OURENSE

Estudiantes Lugo: Miguel, Brais, Alessander, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Daniel, Santiago, Leo e Pablo José.
Club Ourense Baloncesto: Ronny, Javier, Pablo, Omar, Iago, Mario, Nicolás, Daniel, Jacobo, Mateo e José Manuel.
Parciais: 18-09/13-09/18-18/23-16.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 17

Tui 72-51 San Ciprián
Estudiantes 72-52 Ourense
Seis do Nadal 53-106 Obradoiro Peleteiro
Ensino A Novobasket
Compostela 66-77 Bosco Salesianos
Blanco Amor 56-53 Compañía de María
  D Basket Ferrol

Próxima xornada

Blanco Amor - Tui
Compañía de María - Compostela
Bosco Salesianos - Basket Ferrol
Novobasket - Seis do Nadal
Obradoiro Peleteiro - Estudiantes
Ourense - San Ciprián
  D Ensino