O Ensino manda na feminina coa oitava vitoria do curso

As vermellas foron as únicas lucenses que saíron á pista, nunha xornada con moitos aprazamentos, e impoñéronse na casa contra o Carmelitas

Continúa a competición da Primeira júnior sen descanso. Na masculina, a décima xornada deixou vitorias do Ensino e o Estudiantes e, no caso das súas compañeiras, as ensinistas foron as únicas en saír á pista conseguindo un triunfo contra o Carmelitas.

(Artigo en ampliación)

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Oito vitorias en oito partidos leva o Ensino na feminina. Esta xornada o Estudiantes e o Sarria adiaron os seus encontros, co que soamente as vermellas saíron á pista. Fixérono en Lugo, recibindo ao Carmelitas Ourense no Seminario menor, marcándose un moi bo salto á pista. No segundo e terceiro cuarto, reduciuse o porcentaxe anotador das lucenses, pero seguiron mandando no marcador ata o derradeiro período, no que foron superadas polo Carmelitas, pero conseguiron a vitoria por 77-65.

ENSINO 77- 65 CARMELITAS

Ensino: Naroa, Laura, Carla, Inés, Marta, Carmen, Iris, Idaira, Carmen P e Lucía.
Carmelitas Ourense: Sara, Laura, Yhoranna, Marta, Laura, Alba, Lucía e Sara.
Parciais: 26-11/16-14/17-11/18-29.
Cancha: Seminario Menor.

 

 
1ª JÚNIOR FEMININA

Resultados xornada 10

Maristas Coruña A Compostela
BBCA A Sarria
Ensino 77-65 Carmelitas
Estudiantes A Celta
PBB A A Miralba Celta
  D Arxil A

Próxima xornada (17/12)

Celta Zorka - PBB A
Carmelitas Ourense - Estudiantes 
Sarria - Ensino
Compostela - BBCA
Arxil A - Maristas
  D Miralba Celta

 

Masculina

Na masculina o Ensino e o Estudiantes seguen empatando a puntos na clasificación, despois das vitorias recollidas na décima xornada. Os vermellos conseguiron un triunfo importante contra o Basket Ferrol nun duelo ao que se presentou con moitas baixas. Malia só contar con oito xogadores os ensinistas impuxéronse ao conxunto ferrolán, malia que este intentou poñer en problemas aos lucenses con alternancias defensivas. A grande efectividade no tiro exterior do Ensino foi clave para sentenciar o partido tras unha segunda metade redonda que rematou co 49-80 definitivo. No caso do Estudiantes, superou ao Blanco Amor por 64-76 con máis problemas. Despois de unha primeira metade igualada, que rematou a favor dos celestes, os lucenses puideron matar o partido no terceiro período, pero non conseguiron afastarse no marcador debido á falla de concentración defensiva. Aínda así, controlaron a vitoria ata o final. Quen non está a ter tanta fortuna é o San Ciprián, que acumula sete derrotas trala caída contra o Compañía de María. Os da Mariña non conseguiron asentarse no partido en ningún momento, pero maquillaron o resultado cunha mellor segunda metade (84-54).

BASKET FERROL 49 - 80 ENSINO

Basket Ferrol: Juan, Unai, Miguel, Mateo, Pedro, Alejandro, Mario, Sergio, Antón e Daniel.
Ensino: Manuel, Ismael, Elías, Manuel, Hugo, Marcos, Pablo, Ramiro e Jorge.
Parciais: 11-29/18-09/08-18/12-24.
Cancha: Esteiro.

COMPAÑÍA DE MARÍA 84 - 56 SAN CIPRIÁN

Compañía de María: Alejandro, Martín, Pedro, Jorge, Juan, Iago, Henok e Manuel.
San Ciprián: Manuel, Nicanor, Carlos, Antón, Marcos, José M, Diego, Raúl, Álvaro, Daniel e Fabio.
Parciais: 24-14/27-10/19-12/14-20.
Cancha: Compañía de María.

BLANCO AMOR 64 - 76 ESTUDIANTES

Ourense Eduardo Blanco Amor: Diego, Lucas, Xurxo, Mateo, Óscar, Fabio, Diego, Martín, Santiago e Martín A.
Estudiantes Lugo: Miguel, Brais, Alessander, José D, Óscar, Joel, Gabriel, Fabio, Cristian, Santiago, Leo e Pablo.
Parciais: 10-18/21-19/17-20/16-19.
Cancha: Universitario Campus Sur.

 

 
1ª JÚNIOR MASCULINA

Resultados xornada 10

Novobasket 66-52 Tui
Bosco Salesianos 97-38 Ourense
Compañía de María 84-56 San Ciprián
Blanco Amor 64-76 Estudiantes
Compostela 104-49 Seis do Nadal
Basket Ferrol 49-80 Ensino
  D Obradoiro Peleteiro

Próxima xornada (08/12)

Tui - Ensino
Seis do Nadal - Basket Ferrol
Estudiantes - Compostela
San Ciprián - Blanco Amor
Ourense - Compañía de María
Obradoiro - Salesianos
  D Novobasket