Xornada de descanso na Primeira infantil para deixar paso as preseleccións

Os días 5 e 6 de decembro celébrase o Torneo Selecciones Autonómicas en Euskadi para a categoría infantil feminina
Torneo Euskadi Preseleccións infantís femininas. Foto: FGB
photo_camera Torneo Euskadi Preseleccións infantís femininas. Foto: FGB

O comezo de decembro deixou unha fin de semana de descanso para a competición da Primeira infantil. Feito, que aproveitou a preselección galega feminina, xa que participa os días 5 e 6 no Torneo Euskadi. Nesta competición terá que enfrontarse en Lezo a Castela e León e a Euskadi o luns e a Asturias o martes. As súas compañeiras da categoría cadete tamén formarán parte desta previa ao Campionato de España, xogarán en Tolosa contra as preseleccións de Castela e León, Euskadi e Asturias.

A vindeira fin de semana retomarán a competición autonómica cos duelos Costa Ártabra-Estudiantes e Compostela-Ensino na feminina e o derbi entre o Ensino e o Burela e mailo Estudiantes-Narón na masculina.

Consulta as competicións aquí

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Peleteiro - Básquet Coruña
Costa Ártabra - Estudiantes
Compostela - Ensino
Baxi Ferrol - Culleredo

 

1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Estudiantes - Narón
Culleredo - Básquet Coruña
Ensino - Burela
Montrove - Basket Ferrol
 

 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil