Os derbis entre o Estudiantes e o Ensino decidiuse con gañadores diferentes

Na masculina foron os celestes os que se impuxeron por tan só dous puntos, mentres que na feminina as ensinistas déronlle a volta ao partido para levarse a vitoria como locais

O dobre derbi da primeira infantil entre o Estudiantes e o Ensino decidiuse con gañadores diferentes en ámbalas dúas categorías. No caso da masculina foi o equipo estudiantil quen conseguiu levarse os dous puntos grazas á diferenza conseguida na primeira metade. Na feminina, o Ensino impúxose por 10 puntos de diferenza no marcador. En canto ao Burela, caeu por pouco no Vista Alegre contra o Básquet Coruña.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Estudiantes púxose segundo despois de gañar o duelo lucense contra o Ensino nun final frenético. O conxunto vermello saíu mellor á pista, amosando agresividade para roubar balóns e atacar rápido, conseguindo un parcial de 10-20. No segundo cuarto os celestes meteron aos seus xogadores máis grandes e comezaron a facer moito máis dano no rebote ata remontar ao descanso. O partido aumenta o ritmo tralo intermedio e o Ensino perde a Sergio por lesión, un dos seus xogadores clave. No último cuarto púxose por riba o Estudiantes, pero os rivais conseguiron remontar catro puntos por riba a dos minutos do final. Malia isto, volveron cambiar as tornas en segundos e o Estudiantes rematou levándose o duelo por 74-72.

Baixou ao cuarto posto da clasificación o Burela, que caeu contra o Básquet Coruña tamén na infantil. Disputaron un partido moi competido, con alternancias no marcador de diferenzas de menos de 10 puntos en todo o partido. A pesar de que as da Mariña melloraron con respecto aos primeiros partidos, se lles escapou a vitoria nos últimos minutos por malas decisións en ataque.

ESTUDIANTES 74 - 72 ENSINO

Estudiantes: Dimas, Jacobo, Méndez, Pablo, Sergio, Mateo, Hugo, Rodrigo, Álvaro, Duarte, Lucas C e Lucas M.
Ensino Lugo: Miguel, Pablo, Julián, Martín, Gerardo, Sergio, Pablo G, Pablo V e Saúl.
Parciais: 10-20/25-13/27-27/12-12.
Cancha: Anexo do Pazo.

BURELA 70 - 74 BÁSQUET CORUÑA

Burela: Daniel, Roi, Noel, Egoitz, Ethan, Esteban, Manuel, Adrián e Iker. 
Básquet Coruña: Antonio, Fasil, Fernando, Luís, Pablo, Gabriel, Luka, David, Fiz, Iago, Nuno e Gabriel.
Parciais: 21-19/17-19/15-17/17-19.
Cancha: Vista Alegre.

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 3

Estudiantes 74-72 Ensino
Montrove 81-67 Culleredo
Basket Ferrol 62-57 Narón
Burela 70-74 Básquet Coruña

Próxima xornada

Básquet Coruña - Estudiantes
Narón - Burela
Culleredo - Basket Ferrol
Ensino Lugo - Montrove
 

Feminina

A categoría feminina tamén tivo derbi lucense e neste caso foi o Ensino quen superou ao Estudiantes. As celestes empezaron mellor o partido e grazas tamén ás imprecisións das vermellas puidéronse ir ao descanso 12 puntos por riba. Á volta do intermedio cambiaron as tornas, o Ensino colleu as rendas para anotar 47 puntos que lles fixeron remontar e levarse un incrible partido por 64-54.

ENSINO 64 - 54 ESTUDIANTES

Ensino: Cayetana, Sara, Marta, Adriana R, Adriana L, Natalia, Noa, Antía, Rosa, Adriana e Marina.
Estudiantes Lugo: Noa, María, Carmen, Arianny, Sarai, Carlota, Daniela, Alba e Ania.
Parciais: 12-13/05-16/22-13/25-12.
Cancha: Seminario Menor.

 

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 3

Peleteiro 35-49 Compostela
Baxi Ferrol 59-58 Costa Ártabra
Culleredo 65-14 Básquet Coruña
Ensino 64-54 Estudiantes

Próxima xornada

Estudiantes - Peleteiro
Básquet Coruña - Ensino
Costa Ártabra - Culleredo
Compostela - Baxi Ferrol

Más en Primeira Infantil e Preinfantil