O Ensino rematou no noveno posto do Campionato de España

As lucenses perderon nos oitavos de final nun igualado partido contra o Las Rozas A
O Ensino no Campionato de España celebrado en Pontevedra. Foto: AC
photo_camera O Ensino no Campionato de España celebrado en Pontevedra. Foto: AC

Campionato de España Infantil

Grupo B

O Ensino despediuse do Campionato de España infantil feminino entre os 16 mellores equipos do pais. O equipo lucense rematou no segundo posto do grupo B, despois de levarse dúas vitorias na fase de grupos.

Estreouse na competición contra o Barça e rematou perdendo malia facer un bo papel. Na segunda xornada xogou contra o Casademont Zaragoza e logrou vencer por 61-54. Foi un partido moi igualado onde se mantiveron distancias moi cortas no marcador, pero o maior acerto nos tiros libres do equipo vermello decantou a balanza ao seu favor (61-54). Na terceira xornada o Ensino enfrontouse ao Virgen del Mar Tenerife, onde tamén tiveron que sufrir ata o final. As faltas lastraron ás ensinistas, que tamén tiveron problemas no ataque e entraron ao último cuarto sete puntos por baixo. Nese momento saíu o carácter lucense e a base de orgullo o cadro de Maisa López conseguiu darlle a volta ao marcador (61-66) e meterse nos oitavos de final.

Contra o Las Rozas A, as vermellas afrontaron un partido difícil, notaron os problemas físicos, pero comezaron mandando no marcador. Porén, a defensa zonal que impuxo o equipo rival conseguiu atascalas na segunda metade. O Ensino fixo un grande esforzo por non desengancharse e a falta dun minuto para o final conseguiron poñerse a só tres puntos por baixo. Nese momento, Las Rozas anotou un triplo que sentenciou o partido ao seu favor. Malia quedar eliminadas, as lucenses fixeron un moi bo papel no Campionato quedando novenas na clasificación para poñer o punto e final a unha sobresaínte tempada. 

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 53 - 59 LAS ROZAS A

Ensino: Quintana, Valcarce, Rodríguez, López, Cortés, Fernández, Goyanes, Parga e Díaz.
CB Las Rozas A: Ureña, Sotoca, Somoza del Castillo, Fernández de Heredia, Caso, Lázaro, Pérez, del Hoyo, Ordóñez, Gómez, Neira e Zamora.
Parciais: 21-14/15-12/06-15/11-18.
Cancha: Multiusos de Pontevedra.

ENSINO 54 - 73 BARÇA

Ensino: Quintana, Valcarce, Rodríguez, López, Cortés, Fernández, Goyanes, Parga e Díaz.
Barça CBS: Simón, Nomen, Bayod, Romeo, Jeremias, Loran, Termens, Lorbek, Ajisebutu, Martínez e Monsalve.
Parciais: 17-20/15-19/12-14/10-20.
Cancha: Multiusos de Pontevedra.

ENSINO 61 - 54 ZARAGOZA

Ensino: Quintana, Valcarce, Rodríguez, López, Cortés, Fernández, Goyanes, Parga e Díaz.
Casademont Zaragoza A: Marcus, Fernández, Muñoz, Morason, Solanas, Albisu, Diego, Punsac, de la Varga, Gracia e Lostal.
Parciais: 16-11/19-13/09-13/17-17.
Cancha: Multiusos de Pontevedra.

VIRGEN DEL MAR TENERIFE 61 - 66 ENSINO

Colegio Virgen del Mar Tenerife: de León, Tejeira, Hernández, Monzón, Naicker, Delgado, de la Fe, García, Melian e Oliva.
Ensino: Quintana, Valcarce, Rodríguez, López, Cortés, Fernández, Goyanes, Parga e Díaz.
Parciais: 15-18/16-11/19-14/11-23.
Cancha: Multiusos de Pontevedra.

 

Oitavos

Resultados oitavos

Sertrans Feminí S 69 62 Mataró F
Ricopia Funbal AL 75 51 Unibasket IF 2010
Ensino 53 59 Las Rozas A
Movistar Estudiantes 64 43 El Pilar A
Spar Gran Canaria 70 53 Casademont Zaragoza
Club Náutico Sevilla 61 57 Suburbana BF León
Valencia Basket 68 18 Celta
Barça CBS 61 49 La Salle Córdoba

 

Grupo B

Resultados xornada 1

Ensino 54 73 Barça
Colegio Virgen del Mar Tenerife 40 91 Casademont Zaragoza A

 

Resultados xornada 2

Ensino 61 54 Casademont Zaragoza A
Barça 87 35 Colegio Virgen del Mar Tenerife

 

Resultados xornada 3

Colegio Virgen del Mar Tenerife 61 66 Ensino
Casademont Zaragoza A 48 73 Barça

 

 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil