O Ensino comezará o Campionato de España no grupo B

As lucenses enfrontaranse en Pontevedra contra o Barça, o Colegio Virgen del Mar Tenerife e o Casademont Zaragoza A
O Ensino tras recoller o trofeo de campionas da fase final autonómica. Foto Fernando Lugidle
photo_camera O Ensino tras recoller o trofeo de campionas da fase final autonómica. Foto Fernando Lugidle

Campionato de España Infantil

Grupo B

O Campionato de España infantil feminino dará comezo o vindeiro 2 de xuño e celebrase en Pontevedra. O Ensino será o encargado de representar á provincia lucense, empezando a fase de grupos no grupo B.

As de Lugo terán que enfrontarse ao Barça, segundo clasificado de Cataluña, ao Casademont Zaragoza A, primeiro de Aragón, e ao Colegio Virgen del Mar Tenerife, segundo das Illas Canarias.

En total, a competición conta con 32 equipos que na primeira fase se dividen con oito grupos de catro equipos. Nos grupos A, B, C e D conseguirán pasar a oitavos de final os tres primeiros clasificados, mentres que nos grupos F, G, H e I, pasará só o líder.

Xornada 1

Ensino - - Barça
Colegio Virgen del Mar Tenerife - - Casademont Zaragoza A

Xornada 2

Ensino - - Casademont Zaragoza A
Barça - - Colegio Virgen del Mar Tenerife

Xornada 3

Colegio Virgen del Mar Tenerife - - Ensino
Casademont Zaragoza A - - Barça

 

 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil