O Cidade de Lugo e o Sarria pechan a competición cun derbi

O equipo da capital lucense levouse o partido despois de marcar a diferenza no segundo cuarto

Preinfantil Masculina

Segunda Fase Grupo B1 

O Cidade de Lugo e o Sarria pecharon a competición cun derbi na capital da provincia. O duelo comezou moi igualado, cunha vantaxe de só dous puntos para o Cidade. Porén, no segundo cuarto os locais conseguiron facerse co mando e leváronse un parcial de 32-12 que determinou o futuro do partido. Na segunda metade o Sarria conseguiu parar ao cadro local, mais nada lles librou da derrota (88-66).

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 88 - 66 SARRIA

Cidade de Lugo: Martín, Luis, Samuel, David, Xabier, Eloy, Alexandre, Alejandro, Mario, Teo e Brais.
CB Sarria: Pablo, Mario, Gael, Jesús, Xandre, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Parciais: 22-20/32-12/19-15/15-19.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 6

Cidade de Lugo 88 66 Sarria
Río Ulla - - Compañía de María

 

Primeira Infantil

Na categoría infantil, esta fin de semana os equipos lucenses non saíron á pista. O Ensino, na feminina, despois de coroarse como campión galego espera a chegada do Campionato de España. No caso da masculina, o sábado arrincaron as eliminatorias da fase final, pero nin o Estudiantes nin o Burela chegaron a elas. 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil