O Ensino coróase como campión galego

As lucenses impuxéronse ao Celtas na final e conseguiron a praza no Campionato de España

Primeira Infantil

Feminina Segunda Fase Final 

Esta fin de semana celebrouse a Fase Final na Primeira feminina e o Ensino conseguiu coroarse como campión. No partido de semifinais as lucenses enfrontáronse contra o Carmelitas e buscaron romper o partido o antes posible.

A idea executárona á perfección, pois antes do descanso xa tiñan unha vantaxe de 30 puntos, grazas, en parte, ao grande acerto nos tiros libres. Conseguiron, a través, de un ritmo pausado, seguir mandando no partido ata impoñerse por 76-36.

Na final enfrontáronse ao Celta e, neste caso, a idea foi totalmente a contraria. Foi un duelo de grande intensidade, onde o vendaval ofensivo das vermellas, a través dun grande acerto e o control sobre o rebote, deulles o control do marcador.

Aínda que non foi a mellor actuación no tiro exterior, buscaron máis opcións cerca do aro, onde encontraron o seu sitio, para impoñerse finalmente por 36-80 e levarse o primeiro posto autonómico. O seguinte reto será o Campionato de España.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 76 - 36 CARMELITAS

Ensino: Carla, María, Claudia, Lúa, Marta, Alba F, Alba G, María P e Rosa.
Carmelitas: Carla, Celia, Ndiaye, Alicia, Noa, Lía, María, Nika, Uxía e Sara.
Parciais: 29-08/13-03/13-12/21-13.
Cancha: Seminario.

CELTA 36 - 80 ENSINO

Celta: Sara, Claudia, Mireya, Daniela, Aroa, Clara, Alba, Elena, Ana, Claudia, Sabela e Daniela.
Ensino: Carla, María, Claudia, Lúa, Marta, Alba F, Alba G, María e Rosa.
Parciais: 09-19/08-18/09-20/10-23.
Cancha: Seminario.
 

Semifinais

Ensino 76 36 Carmelitas Ourense
Celta 60 55 Básquet Coruña

3º e 4º posto

Básquet Coruña 53 42 Carmelitas Ourense

Final

Celta 36 80 Ensino

 

Masculina Segunda Fase Grupo A1

O Burela finalizou a segunda fase cunha derrota ante o Betanzos o mércores no Vista Alegre. Os laranxas, que xa estaban descendidos non puideron co Santo Domingo e remataron caendo por 75-82. Foi un partido competido.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 75 - 82 BETANZOS

CB Burela: Fabio, Roi, Noel, Samuel, Daniel, Jaime, Manuel B, Ivo, Samuel e Luis.
Santo Domingo Betanzos: Xoel, Arón, Javier, Hugo, Mario, Mateo, Martín, Abel, Leo e Martín.
Parciais: 16-21/22-22/19-25/18-14.
Cancha: Vista Alegre.

 

Resultado pendente 

Burela 75 82 Betanzos

 

 

Preinfantil Masculina

Segunda Fase Grupo B1 

Na categoría preinfantil só un lucense se levou os dous puntos nos seus respectivos partidos a domicilio. Foi o Cidade de Lugo quen conseguiu impoñerse ao Río Ulla, nun encontro que comezou dominando e acabou levándose cun marcador de 56-70.

Non tivo a mesma fortuna o Sarria, contra o Compañía de María. Aínda que os primeiros minutos estiveron igualados, o equipo local comezou a afastarse no marcador. O equipo amarelo, aínda que presentaba un cadro máis reducido, aguantou ata o final e reduciu a distancia ata o 85-72 definitivo.

Consulta a clasificación aquí

RÍO ULLA 56 - 70 CIDADE DE LUGO

Río Ulla: Pedro, Iker, Leo, Yago, Óliver, Roque, Sasha, Pedro, Manuel e Jesús.
Cidade de Lugo: Martín, Luis, Samuel, Arturo, David, Xabier, Alexandre, Alejandro, Marío, Teo e Brais.
Parciais: 10-25/13-15/11-16/22-14.
Cancha: Pontecesures.

COMPAÑÍA DE MARÍA 85 - 72 SARRIA

Compañía de María: Rafael, Álvaro, Breogán, Adrián, Xoel, Lucas, Darío, Beltrán, Hugo e Mateo.
CB Sarria: Pablo, Mario, Gael, Jesús, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Parciais: 20-19/27-16/28-19/10-18.
Cancha: Compañía de María.

 

Resultados xornada 4

Río Ulla 56 70 Cidade de Lugo
Compañía de María 85 72 Sarria

Próxima xornada

Sarria - - Río Ulla
Compañía de María - - Cidade de Lugo

Más en Primeira Infantil e Preinfantil