O Cidade de Lugo levouse o primeiro derbi da segunda fase contra o Sarria

O Ensino xa coñece o seu rival na final, mentres que ao Burela aínda lle queda xogar co Betanzos para pechar o curso

Primeira Infantil

Feminina Segunda Fase Final 

O Ensino xa coñece quen será o seu rival nas semifinais. As vermellas, que se clasificaron directamente ao quedar campioas de grupo, actuarán coma locais ante o Carmelitas Ourense, que gañou ao Brión na ronda previa. A outra semifinal será entre o Celta e o Básquet Coruña.

Consulta a clasificación aquí

Ronda Previa

Carmelitas Ourense 53 50 Brión
Culleredo 63 66 Básquet Coruña

Semifinais

Ensino - - Carmelitas Ourense
Celta - - Básquet Coruña

 

Masculina Segunda Fase Grupo A1

A categoría masculina aínda non deu comezo á segunda fase, xa que no grupo A1 quedan pendentes varios duelos, trala incorporación do Betanzos. O vindeiro mércores o Burela xogará no Vista Alegre contra o Santo Domingo.

Consulta a clasificación aquí

Resultados pendentes 

Betanzos 91 78 Novobasket

Próxima xornada 

Burela - - Betanzos

 

 

Preinfantil Masculina

Segunda Fase Grupo B1 

En canto á preinfantil, segue a competición na segunda fase e esta xornada houbo derbi lucense. O Sarria recibiu no Novo Pavillón do Chanto ao Cidade de Lugo. Os dous primeiros cuartos estiveron moi igualados, mais o conxunto amarelo foise apagando co paso dos minutos, feito que aproveitou o equipo visitante para poñer distancia no marcador e acabar levándose os dous puntos.

Consulta a clasificación aquí

SARRIA 51 - 74 CIDADE DE LUGO

CB Sarria: Pablo D, Mario, Gael, Jesús, Xandre, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Cidade de Lugo: Martín, Luis, Arturo, David, Xabier, Alexandre, Alejandro, Mario, Teo e Brais.
Parciais: 14-15/15-17/07-17/15-25.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

Resultados xornada 3

Sarria 51 74 Cidade de Lugo
Compañía de María 63 36 Río Ulla

Próxima xornada

Río Ulla - - Cidade de Lugo
Compañía de María - - Sarria

Más en Primeira Infantil e Preinfantil