O Cidade de Lugo púxose líder despois de superar ao Compañía de María a domicilio

En canto ao Sarria, conseguiu a súa primeira vitoria da nova fase gañando na casa ao Río Ulla

Preinfantil Masculina

Segunda Fase Grupo B1 

A quinta xornada da segunda fase deixou ao Cidade de Lugo liderando o grupo B1. O cadro lucense enfrontouse a domicilio contra o Compañía de María e gañoulle por 38-69. Marcou a diferenza no segundo e terceiro período conseguindo unha grande vantaxe que mantivo ata o final.

O Sarria tamén tivo premio esta fin de semana, pois conseguiu a primeira vitoria da fase. O equipo amarelo xogou no Novo Pavillón do Chanto contra o Río Ulla e dende o inicio foi poñéndose por diante. Trala pausa marcou a diferenza, controlou o marcador ata vencer por 76-54.

Consulta a clasificación aquí

COMPAÑÍA DE MARÍA 38 - 69 CIDADE DE LUGO

Río Ulla: Rafael, Álvaro, Breogan, Adrián, Xoel, Lucas, Darío, Beltrán, Mateo e Marcos.
Cidade de Lugo: Martín, Luis, Samuel, Arturo, David, Xabier, Eloy, Alexandre, Alejandro, Mario, Teo e Brais.
Parciais: 13-17/06-24/10-20/09-08.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 76 - 54 RÍO ULLA

CB Sarria: Pablo, Mario, Gael, Jesús, Xandre, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Río Ulla: Pedro, Iker, Leo, Yago, Óliver, Roque, Hugo, Sasha, Pedro e Jesús.
Parciais: 20-14/15-14/21-08/20-18.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

Resultados xornada 5

Sarria 76 54 Río Ulla
Compañía de María 38 69 Cidade de Lugo

Próxima xornada

Cidade de Lugo - - Sarria
Río Ulla - - Compañía de María

 

Primeira Infantil

Na categoría infantil, esta fin de semana os equipos lucenses non saíron á pista. O Ensino, na feminina, despois de coroarse como campión galego espera a chegada do Campionato de España. No caso da masculina, o sábado arrincaron as eliminatorias da fase final, pero nin o Estudiantes nin o Burela chegaron a elas. 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil