Ao Ensino escapáronselle os dous puntos por pouco no adiantado contra o Peleteiro

As lucenses melloraron nesta segunda xornada e estiveron sempre preto no marcador, pero ao final o duelo decantouse por detalles a favor das visitantes

A segunda xornada para a categoría infantil ten data para o martes, pero un dos equipos lucenses adiou o seu choque.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Foi precisamente na categoría feminina, onde o Ensino decidiu adiantar o seu duelo na casa contra o Peleteiro. Un partido moi dificil no que melloraron moito en circulación de balón, ocupación de espazos e finalizacións, feito que lles permitiu estar sempre preto no marcador. Ao final, malia que se levaron o derradeiro cuarto, non conseguiron darlle a volta ao marcador e caeron por 33-35.

En canto ao Estudiantes, recibirán ao Culleredo o martes ás 11:30 no Anexo do Pazo.

ENSINO 33 - 35 PELETEIRO

Ensino: Cayetana, Marta, Adriana R, Adriana L, Ana M, Natalia, Noa, Antía, Rosa, Adriana L e Marina.
Peleteiro: Irene, Carmen, Luisa, Clara, Ana, Candela, Carolina, Dolores, Beatriz, Lidia, Celia e María.
Parciais: 07-08/09-12/07-07/10-08.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Partido adiantado

Ensino 33-35 Peleteiro
    

Próxima xornada

Estudiantes - Culleredo
Básquet Coruña - Baxi Ferrol
Costa Ártabra - Compostela

 

Masculina

En canto aos conxuntos lucenses da masculina, disputarán o martes a segunda xornada. Haberá derbi entre o Burela e o Estudiantes na Mariña, os dous equipos da cabeza. En canto ao Ensino, cuarto na clasificación, viaxará para disputar o seu duelo contra o Culleredo.

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Burela - Estudiantes
Básquet Coruña - Basket Ferrol
Narón - Montrove
Culleredo - Ensino

Más en Primeira Infantil e Preinfantil