Estrea da Primeira infantil con tres triunfos na masculina e dúas derrotas na feminina

Ensino, Estudiantes e Burela fixéronse coas primeiras vitorias da tempada, mentres que as xogadoras lucenses non foron quen de impoñerse nos seus encontros

Esta fin se semana deu comezo a competición da Primeira infantil con pleno de vitorias lucenses na categoría masculina e destino oposto na categoría feminina.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

Os tres conxuntos da provincia non puideron ter mellor arranque de curso, todos conseguiron levarse os dous puntos nos seus encontros. 

O Estudiantes conseguiu a diferenza máis ampla da xornada contra o Culleredo. Os celestes comezaron o partido moi ben defensivamente e os problemas coas faltas dos visitantes fixeron que se comezase a decantar cedo o partido. Aínda que os de Culleredo competiron moi ben durante todo o encontro o equipo lucense impúxose grazas á fluidez en contraataque cun marcador final de 99-49.

Como segundo clasificado polo momento quedou o Burela, que se impuxo ante o Basket Ferrol. Os da Mariña víronse lastrados no inicio fisicamente por ter varios xogadores enfermos, pero a súa calidade ofensiva no un contra un deulles o triunfo por 43-76.

Un choque máis igualado viviu o Ensino contra o Narón, un equipo moi superior fisicamente. Na primeira metade os lucenses tiveron moitos problemas debidos á grande altura do conxunto visitante, ademais de custarlles saír da presión. Despois de axustar esas problemáticas tralo descanso, conseguiron chegar ao período final con opcións. O maior acerto exterior permitiu ao Ensino gañar un duelo que o ano pasado perdera por 50 puntos.  

ESTUDIANTES 99 - 49 CULLEREDO

Estudiantes Lugo: Dimas, Jacobo, Pablo, Sergio, Mateo, Hugo, Rodrigo, Álvaro, Duarte, Lucas C. e Lucas L.
Culleredo: Manuel, Xaquím, Leonardo, Guillermo, Xoel, Marco, Xoel P., Adrián, Daniel, Mateo e Caetano.
Parciais: 29-12/22-15/24-12/24-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

ENSINO 75 - 67 NARÓN

Ensino Lugo: Miguel, Martín, Pablo, Julián, Gerardo, Sergio, Pablo G., Pablo V. e Saúl.
Baloncesto Narón: Luís, Adrián, Martín, Alejandro, Jorge, Jesús, Xabier, Iker, Sergio, Lois e Antón.
Parciais: 16-21/18-14/19-15/22-17.
Cancha: Anexo do Pazo.

BASKET FERROL 43 - 76 BURELA

Basket Ferrol: Julián, Sergio, Marcos, Pablo, Javier, Daniel, Antón, Martín, Álvaro, Daniel I. e Alex.
Burela: Daniel, Roi, Noel, Egoitz, Ethan, Esteban, Manuel, Adrián e Iker.
Parciais: 14-15/16-22/07-17/06-22.
Cancha: A Malata.

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 1

Estudiantes 99-49 Culleredo
Ensino 75-67 Narón
Montrove 60-88 Básquet Coruña
Basket Ferrol 43-76 Burela

Próxima xornada

Burela - Estudiantes
Básquet Coruña - Basket Ferrol
Narón - Montrove
Culleredo - Ensino Lugo
 

Feminina

A categoría das lucenses correo peor sorte que no caso da masculina, posto que nin o Estudiantes nin o Ensino conseguiron levarse os dous puntos neste inicio da competición.

As celestes comezaron o duelo contra o Baxi Ferrol con moitos nervios, case tódalas xogadoras estreábanse en liga galega e custoulles afrontar a presión da cita. As de Ferrol impuxeron o seu ritmo, xogando moito máis intensas que as do Estudiantes, que se viron superadas en todo o partido.

Algo parecido lles pasou aso do Ensino contra o Culleredo, un equipo moi superior que o lucense en tódolos aspectos de xogo que pechou a acta no segundo período.

BAXI FERROL 74 - 24 ESTUDIANTES

Baxi Ferrol: Lucía, Carmela, Sara, Mara, Inés, Paula, Irene, Sabela, Sofía e Daniela. 
Estudiantes Lugo: Sarai, Noa, María, Carmen, Arianny, Carlota, Daniela, Alba e Ania.
Parciais: 20-02/23-03/23-13/08-06.
Cancha: Esteiro.

CULLEREDO 55 - 05 ENSINO

Culleredo: Claudia, Alicia, Gabriela, Sandra, Aroa, Marta, Lola, Lena, Daniela, Sofía e Idoia.
Ensino Lugo: Cayetana, Marta, Adriana R., Adriana L, Ana M., Natalia Noa, Antía, Rosa, Adriana e Marina.
Parciais: 40-03/15-02.
Cancha: Pavillón O Burgo. 

 

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 1

Peleteiro 44-67 Costa Ártabra
Instituto Compostela 47-51 Básquet Coruña
Baxi Ferrol 74-24 Estudiantes
Culleredo 55-5 Ensino

Próxima xornada

Ensino - Peleteiro
Estudiantes - Culleredo
Básquet Coruña - Baxi Ferrol
Costa Ártabra - Instituto Compostela

Más en Primeira Infantil e Preinfantil