Á Galega infantil quédalle un mes para pechar a primeira fase da tempada

Polo momento, o Ensino e o Estudiantes seguen nos postos baixos da clasificación feminina, pero o equipo celeste e o Burela mantéñense no podio da masculina

O Estudiantes e o Ensino caen na feminina contra o Peleteiro e o Básquet Coruña. No caso da masculina, os tres conxuntos lucenses leváronse os dous puntos.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Os equipos de Lugo xa non teñen esperanza para pasar á segunda fase e nesta ocasión tanto o Estudiantes coma o Ensino foron derrotados. O conxunto celeste caeu a domicilio contra o Peleteiro, malia que lle custou entrar no partido, reaccionou na segunda metade para recortar diferencia no marcador. No caso do Ensino, perderon contra o Básquet Coruña. As da cidade herculina matáronas no primeiro período, pero o resto do encontro competiron a bo nivel e amosaron a evolución do grupo.

PELETEIRO 52 - 42 ESTUDIANTES

Peleteiro: Irene, Irene C, Carmen, Luisa, Clara, Ana, Celia, Candela, María e Ariadna e Eva.
Estudiantes Lugo: Sarai, Noa, Carla, María, Carmen, Arianny, Alba, Daniela, Alba e Ania.
Parciais: 16-07/12-06/14-12/10-17.
Cancha: Montouto.

ENSINO 38 - 73 BÁSQUET CORUÑA

Ensino: Sara, Noa, Noa G, Marta, Cayetana, Adrian R, Adriana L, Antía, Rosa, Adriana y Marina.
Básquet Coruña: Mar, Eva, Teresa, Adriana, Claudia, María, Marta, Sofía, Sofía N, Emma, Cristina e Marta.
Parciais: 02-25/13-14/15-16/08-18.
Cancha: Seminario Menor.

 

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 11

Peleteiro 52-42 Estudiantes
Ensino 38-73 Básquet Coruña
Culleredo 92-55 Costa Ártabra
Baxi Ferrol A Compostela

Próxima xornada

Baxi Ferrol - Peleteiro
Compostela - Culleredo
Costa Ártabra - Ensino
Básquet Coruña - Estudiantes

 

Masculina

En canto á masculina, o Buela e o Estudiantes acarician a segunda fase. Os da Mariña gañaron na casa ao Narón, malia que no fixeron unha moi boa primeira parte, xa que non amosaron o seu nivel nin en defensa nin en ataque. Despois do descanso melloraron e conseguiron certificar o triunfo cun resultado de 72-60. No caso dos celestes, viviron un duelo moi duro fisicamente contra o Narón. Tras unha primeira metade moi igualada, o Estudiantes consegue irse por riba ao descanso, pero os líderes comezan a atoparse con cestas máis sinxelas e o duelo decide nos intres finais, que lle saíu de cara aos de Lugo.

No caso do Ensino, no quinto posto, conseguiu a cuarta vitoria superando ao Montrove coma visitante. No primeiro cuarto do partido impuxéronse os ataques ás defensas e o partido foise ao descanso moi aberto. No terceiro período o equipo local perde ao seu mellor xogador por unha lesión, feito que aproveitan os de Lugo para manter o nivel alto en ataque e romper o partido con 34 puntos no terceiro cuarto.

ESTUDIANTES 81 - 79 BÁSQUET CORUÑA

Estudiantes Lugo: Jacobo, Pablo, Sergio, Mateo, Lucas, Hugo, Dimas, Rodrigo, Sergio, Duarte e Lucas L.
Básquet Coruña: Nicolás, Antonio, Fasil, Fernando, Pablo, Luka, David, Fiz, Anxo, Juan, Iago e Gabriel.
Parciais: 17-17/21-13/25-22/18-27.
Cancha: Frigsa.

BURELA 72 - 60 NARÓN

Burela: Adrián, Daniel, Roi, Noel, Egoitz, Ethan, Manuel, Iker e Pablo.
Baloncesto Narón: Luís, Martín, Iago, Alejandro, Jorge, Antón, Xabier, Sergio e Lois.
Parciais: 14-13/10-14/25-13/23-20.
Cancha: Marzán.

MONTROVE 74 - 104 ENSINO

Montrove: Pedro, Mateo, Iao, Adrián, Jorge, Antón, Brais, Antón, Jaime, Ignacio, Jacobo e Luís.
Ensino Lugo: Andrés, Gerardo, Sergio, Miguel, Julián, Pablo, Saúl e Daniel.
Parciais: 30-30/15-19/21-34/08-21.
Cancha: Canide-Mera.

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 11

Estudiantes 81-79 Básquet Coruña
Burela 72-60 Baloncesto Narón
Basket Ferrol 89-74 Culleredo
Montrove 74-104 Ensino Lugo

Próxima xornada

Montrove - Estudiantes
Ensino Lugo - Basket Ferrol
Culleredo - Burela
Narón - Básquet Coruña

 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil