Comeza a segunda fase na infantil autonómica con derrotas dos conxuntos lucenses

Na loita polo Campionato, o Burela caeu por tan só un punto contra o Basket Ferrol, mentres que o Estudiantes foi superado polo Básquet Coruña
Unha fotografía de arquivo do encontro entre o Estudiantes e o Ferrol. Foto: Bera Arias
photo_camera Unha fotografía de arquivo do encontro entre o Estudiantes e o Ferrol. Foto: Bera Arias

Esta fin de semana celebrouse a primeira xornada da segunda fase da Primeira cadete.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

GRUPO A1

Na masculina, os equipos lucenses que faltaban por saír á pista estrearonse con derrotas. No caso do Estudiantes, no grupo A1, caeron contra o Básquet Coruña nun partido moi igualado. Os celestes comezaron mandando no marcador grazas ao seu gran nivel defensivo, pero os coruñeses rematan achegándose ao descanso. Tralo paso polos vestiarios os de Lugo baixan o nivel e os locais aprovéitano para poñerse por riba no electrónico. Despois dun tempo morto, o Estudiantes volveu apertar defensivamente e conseguen igualar o partido para irse á prórroga. No último período, os problemas de faltas e a fatiga dos celestes fan que non podan levarse o partido.

BÁSQUET CORUÑA 71 - 67 ESTUDIANTES

Básquet Coruña: Nicolás, Antonio, Fasil, Fernando, Pablo, Gabriel, Luka, David, Anxo, Juan A, Iago e Gabriel.
Estudiantes Lugo: Jacobo, Pablo, Sergio, Mateo, Lucas, Hugo, Dimas, Rodrigo, Mikel, Duarte e Lucas.
Parciais: 13-13/13-14/22-16/15-20/08-04.
Cancha: Riazor.

 

1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO A1

Resultados xornada 1

Novobasket 97-67 Allariz
Básquet Coruña 71-67 Estudiantes Lugo

Próxima xornada

Novobasket - Estudiantes Lugo
Allariz - Básquet Coruña

GRUPO A2

Falando do Burela, os da Mariña caeron por tan só un punto de diferenza contra o Basket Ferrol. Despois dun primeiro cuarto igualado, os laranxas conseguiron tomar distancia ao descanso grazas á boa circulación do balón e traballo en equipo. Seguiron mandando no terceiro período, pero unha decisión arbitral discutida cambiou o rumbo do partido. Iker, que levaba anotados 30 puntos ata ese momento, tivo que sentar no banco despois da cuarta e quinta falta. O equipo loitou por manterse no partido e o conseguiron, xa que tiveron opcións ata o final cun tiro de Noel que non tivo a sorte de anotar.

BASKET FERROL 90 - 89 BURELA

Basket Ferrol: Julián, Ander, Pablo, Marcos, Manuel, Antón, Daniel, Pablo, Álvaro, Daniel I e Alex.
Burela: Adrián, Daniel, Roi, Noel, Egoitz, Ethan, Manuel, Iker e Pablo.
Parciais: 17-17/21-32/23-27/29-13.
Cancha: Esteiro.

 

1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO A2

Resultados xornada 1

Basket Ferrol 90-89 Burela
Obradoiro 52-86 Tui

Próxima xornada

Basket Ferrol - Tui
Burela - Obradoiro

 

GRUPO B1

O Ensino, no grupo B1, esta xornada non saíu á pista xa que celebrara o seu primeiro encontro contra o Estudiantes Pontenvedra a pasada xornada. A vindeira semana recibirá na capital provincial ao PPB A.

1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO B1

Resultados xornada 1

Estudiantes 97-99 Ensino Lugo
PBB A 77-59 Montrove

Próxima xornada

Estudiantes R - Montrove
Ensino Lugo - PBB A

 

Feminina

GRUPO B1

Na feminina, as lucenses tampouco se levaron os dous puntos. No grupo B1 o Estudiantes caeu por 65-58 contra o Compañía de María, un dos mellores equipos do grupo. O equipo celeste competiu en case tódolos momentos do xogo, con un grande nivel táctico que as levou a manterse igualadas ata o descanso. Uns minutos de desconexión fixeron que o Compañía tomase un pouco máis de distancia e ao final o partido caeu do seu lado.

COMPAÑÍA DE MARÍA 65 - 58 ESTUDIANTES

Compañía de María: Lucía, Adriana, Claudia, Alejandra, Sara, Antonia, Natalia, Adriana e Carmen.
Estudiantes Lugo: Sarai, Noa, Carla, María del Canto, Arianny, Carlota, Alba e Ania.
Parciais: 18-11/10-15/17-11/20-21.
Cancha: Compañía de María.
 
1ª INFANTIL FEMININA - SEGUNDA FASE GRUPO B1

Resultados xornada 1

Compañía de María 65-58 Estudiantes
Compostela 73-36 Carmelitas Ourense

Próxima xornada

Compañía de María - Carmelitas Ourense
Estudiantes - Compostela

GRUPO B2

No grupo B2 o Ensino foi superado tamén a domicilio. Enfrontáronse contra o Seis do Nadal nun duelo ao que saíron con imprecisión de cara ao aro. Co paso do tempo melloraron, o que lles levou a disputar unha primeira parte bastante igualada. Na segunda parte foron mellores as locais, o Ensino tivo momentos nos que desapareceu da pista e isto levounas á derrota. Porén, as ensinistas foron mellores tanto a nivel técnico como táctico, pero o Seis do Nadal tivo un grande porcentaxe de acerto que lle permitiu quedar cos dous puntos.

SEIS DO NADAL 65 - 55 ENSINO

Seis do Nadal: Lucía, Martina S, Martina C, Maily, Elena, Patricia, Nerea, Sofía, Mariana e Carlota.
Ensino: Sara, Natalia, Noa, Marta, Cayetana, Adriana R, Adriana L, Antía, Rosa, Adriana e Marina.
Parciais: 16-11/15-14/14-20/19-10.
Cancha: Balaidos.

 

1ª INFANTIL FEMININA - SEGUNDA FASE GRUPO B2

Resultados xornada 1

Seis do Nadal 65-55 Ensino
Blanco Amor 47-61 Peleteiro

Próxima xornada

Seis do Nadal - Peleteiro
Ensino - Blanco Amor

Más en Primeira Infantil e Preinfantil