A primeira xornada da segunda fase da Primeira infantil comezará a vindeira fin de semana, pero o Ensino adiantouse á estrea.
Masculina
Na competición masculina, xogan polo campionato o Estudiantes Lugo, no grupo A1 e o Burela, no grupo A2. Estrearanse xogando a domicilio contra o Básquet Coruña e o Basket Ferrol, respectivamente. O Ensino, que quedou fora dos postos altos, completa as filas do grupo B1 e adiantou o partido da primeira xornada.
O domingo enfrontouse a domicilio contra o Estudiantes Pontevedra, equipo campión galego o ano pasado na categoría mini, ao que conseguiu gañarlle por dous puntos. Os locais, con grande calidade técnica, conseguían irse moi fácil no un contra un e meteron en tódolos períodos ao redor de 25 puntos. Malia iso, o alto ritmo ensinista permitiulles irse ao descanso 51-64. Na segunda metade o equipo de Lugo tivo que facer varias rotacións, e o Estudiantes púxose por riba no último cuarto. Ao final, xogadas ensaiadas en ambos os equipos. Ao Ensino saíulle mellor, anotaron e defenderon ben nos últimos minutos e conseguiron sacar o partido.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 97 - 99 ENSINO LUGO
Ensino Lugo: Pablo, Gerardo, Sergio, Miguel, Julián, Pablo, Saúl e Daniel.
Parciais: 28-30/23-34/24-16/22-19.
Cancha: A Xunqueira.
1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO B1 |
---|
Estudiantes | 97-99 | Ensino Lugo |
PBB A | - | Montrove |
1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO A1 |
---|
Novobasket | - | Allariz |
Básquet Coruña | - | Estudiantes Lugo |
1ª INFANTIL MASCULINA - SEGUNDA FASE GRUPO A2 |
---|
Basket Ferrol | - | Burela |
Obradoiro | - | Tui |
Feminina
Na feminina, ningún dos dous equipos lucenses loitará polo campionato, pero buscarán quedar o máis alto posible nos seus grupos. O Estudiantes forma parte do B1 xunto co Compostela, Carmelitas e Compañía de María, o seu primeiro rival. No caso do Ensino, no B2, estrearase na nova etapa da competición enfrontándose ao Seis do Nadal. O Blanco Amor e o Peleteiro completan o seu grupo.
1ª INFANTIL FEMININA - SEGUNDA FASE GRUPO B1 |
---|
Compañía de María | - | Estudiantes |
Compostela | - | Carmelitas Ourense |
1ª INFANTIL FEMININA - SEGUNDA FASE GRUPO B2 |
---|
Seis do Nadal | - | Ensino |
Blanco Amor | - | Peleteiro |