O Burela e o Estudiantes volveron á casa con dúas vitorias para seguir no podio

Os dous equipos lucenses do grupo norte da masculina teñen no peto o pase á segunda fase

Xornada número 12 para unha liga regular que está a tan só dúas de pechar.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Burela e o Estudiantes acumulan 21 e 20 puntos na clasificación masculina, mentes que o Ensino ten 16. O equipo da Mariña, no segundo posto, gañou esta xornada ao Culleredo a domicilio nun duelo que poderían ter superado con máis folgura. Tiveron xeiras de mal ritmo en ataque e pouco tiro exterior, pero compensárono con momentos de boas defensas que os permitiron anotar en transicións. 

No caso do Estudiantes, impúxose tamén coma visitante ante o Montrove. Os celestes empezaron moi enchufados en ataque, pero co paso dos minutos baixaron o nivel defensivo e permitiron que os locais anotaran facilmente. Aínda así, seguiron acertados de cara ao aro e no último cuarto melloraron defensivamente e aumentaron a diferencia no marcador ata o 71-117 definitivo.

No caso do Ensino, rematou perdendo contra o Basket Ferrol cun resultado enganoso, xa que conseguiu competir en tres dos catro períodos. No primeiro cuarto os lucenses conseguiron levarse o parcial e aínda que baixan o ritmo no segundo, están mellorando e volven gañar o terceiro período. Ao final, a fatiga e as faltas fanlles baixar os brazos e ceden un par de cestas fáciles que avultan o marcador para o Basket Ferrol.

MONTROVE 71 - 117 ESTUDIANTES

Montrove: Pedro, Mateo, Iago, Antón, Yago, Miguel, Brais, Antón, Ignacio, Jacobo, Marcos e Luís.
Estudiantes Lugo: Jacobo, Pablo, Sergio, Mateo, Lucas, Hugo, Dimas, Rodrigo, Mikel e Lucas.
Parciais: 24-37/18-33/25-30/04-17.
Cancha: Canide Mera.

ENSINO LUGO 56 - 80 BASKET FERROL

Ensino Lugo: Pablo, Gerardo, Sergio, Miguel, Julián, Pablo, Saúl e Daniel.
Basket Ferrol: Julián, Pablo, Marcos, Manuel, Antón, Daniel, Pablo, Álvaro, Daniel I e Alex.
Parciais: 22-20/10-21/16-14/08-25.
Cancha: Anexo do Pazo.

CULLEREDO 67 - 86 BURELA

Culleredo: Mateo, Manuel, Xaquim, Leonardo, Xoel, Marco, Mateo, Adrián, Caetano e Daniel.
Burela: Adrián, Daniel, Roi, Noel, Egoitz, Ethan, Manuel, Iker e Pablo.
Parciais: 18-18/14-23/20-23/15-22.
Cancha: O Burgo.

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 12

Montrove 71-117 Estudiantes
Ensino Lugo 56-80 Basket Ferrol
Culleredo 67-86 Burela
Narón 73-81 Básquet Coruña

Próxima xornada

Narón - Estudiantes
Básquet Coruña - Culleredo
Burela - Ensino Lugo
Basket Ferrol - Montrove
 

 

Feminina

Na feminina, o Ensino e o Estudiantes caeron a domicilio. No caso das ensinistas, foron superadas polo Costa Ártabra nun duelo no que competiron ben por momentos. Empezaron cometendo moitos fallos, mentres que as locais tiñan un gran porcentaxe de acerto que as levou a un resultado esaxerado para o visto no parqué. No segundo tempo, o Ensino mellorou, pero a diferenza xa era moi avultada.
O Estudiantes caeu contra o Básquet Coruña en Ventorrillo. As celestes sufriron algunha baixa importante de última hora, pero fixeron un bo traballo colectivo. Na primeira metade non tiveron acerto de cara ao aro, pero foron corrixindo ao descanso, empezáronlles a entrar máis cestas e conseguiron levarse o derradeiro cuarto.

COSTA ÁRTABRA 73 - 23 ENSINO

Costa Ártabra: Irene, Irene F, Lola, Mencía, Elena, Alicia, Leire, Lucía, Noa e Claudia.
Ensino: Sara, Natalia, Noa, Marta, Cayetana, Adriana R, Adriana L, Antía, Rosa, Adriana e Marina.
Parciais: 29-04/27-05/15-14/02-00.
Cancha: Pavillón Estrada.

BÁSQUET CORUÑA 62 - 32 ESTUDIANTES

Básquet Coruña: Mar, Eva, Teresa, Adriana, Claudia, María, Marta, Sofía, Sofía N, Emma, Cristina e Marta.
Estudiantes Lugo: Noa, Carla, María, Carmen, Arianny, Alba, Daniela, Alba F e Ania.
Parciais: 10-02/23-06/18-12/11-12.
Cancha: Ventorrillo.

 

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 12

Baxi Ferrol 91-50 Peleteiro
Compostela 27-77 Culleredo
Costa Ártabra 73-23 Ensino
Básquet Coruña 62-32 Estudiantes

Próxima xornada

Básquet Coruña - Peleteiro
Estudiantes - Costa Ártabra
Ensino - Compostela
Culleredo - Baxi Ferrol

Más en Primeira Infantil e Preinfantil