A unha xornada do final da segunda fase da Primeira infantil

O Ensino mantense invicto, mentres que o Estudiantes asegorou a permanencia, feito que non conseguiu o Burela

Primeira Infantil

Feminina Segunda Fase Grupo A1  

O Ensino ten xa asegurada a primeira praza no grupo A1 da feminina. As lucenses superaron ao Brión esta fin de semana no Seminario e conseguiron amosar un grande ritmo e intensidade. A defensa destacou durante todo o partido, o que dificultou ás visitantes que encontraran tiros claros na primeira metade. As lucenses melloraron no acerto de tiro exterior e na penetración, o que fixo que todas puideran anotar.

O equipo mantívose consistente durante a segunda parte, o que reflexa unha melloría con respecto a pasados encontros, sen altibaixos e concentración ata o final, as lucenses acabaron vencendo por 71-39.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 71 - 39 BRIÓN

Ensino: Carla, María, Claudia, Lúa, Marta, Alba, María e Rosa.
CB Brión: Noa, Itziar, Carmen, Elia, Sofía, Candela, Laura, Samrawit, Yaiza, Arume e Noa.
Parciais: 20-04/17-08/13-14/21-13.
Cancha: Seminario.

 

Resultados xornada 9

Blanco Amor 59 66 Culleredo
Ensino 71 39 Brión
Costa Ártabra 57 38 Salesianos Vigo A

Próxima xornada

Salesianos Vigo A - - Blanco Amor
Culleredo - - Ensino
Brión - - Costa Ártabra

 

Masculina Segunda Fase Grupo A1

Na categoría masculina o Burela tivo un destino diferente. Os laranxas perderon na casa contra o Básquet Coruña, o que lles pode custar o descenso de categoría. O partido comezou con dominio dos visitantes, que conseguiron meterlles catro triplas seguidas que propiciaron que os lucenses se foran do partido e acabaran encaixando un parcial de 20-02. A pesar de que o equipo local intentou repoñerse, o seu curto banco fixo que non conseguiran a meta e ao final o partido resolveuse cunha diferenza de case 40 puntos. 

Tralo cambio de decisión da Federación, que impuxo que en vez de un descenso habería tres, o Burela pode perder a categoría, a falta de que o Betanzos aínda ten partidos pendentes.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 42 - 81 BÁSQUET CORUÑA

Burela: Fabio, Roi, Jairo, Egoitz, Samuel, Daniel, Jaime, Manuel, Ivo e Luis.
Básquet Coruña: Fasil, Jorge, Mauro, Luis, Roque, Mateo, Javier, Daniel, Fernando, Daniel M, Fiz e Martín.
Parciais: 09-23/11-13/16-24/06-21.
Cancha: Vista Alegre.

 

Resultados xornada 9

Narón 16 67 Obradoiro
Seis do Nadal 91 66 Novobasket
Burela 42 81 Básquet Coruña

Próxima xornada 

Novobasket - - Narón
Básquet Coruña - - Seis do Nadal
Burela - - Obradoiro

 

Masculina Segunda Fase Grupo A2

No grupo A2 o Estudiantes conseguiu asegurar a salvación esta xornada ao superar ao Estudiantes R, líder da clasificación. Na primeira metade foron mellores os locais, pois o equipo celeste tivo moitas perdas e acabou índose 12 puntos por debaixo ao descanso. 

Logo da pausa, todo cambiou, os lucenses remontaron ata empatar o partido. No último cuarto todo podía pasar, os locais conseguiron poñerse sete puntos por riba, pero o Estudiantes non deixou de confiar e conseguir levarse o derradeiro parcial do partido para así decantar o triunfo para o seu lado, cunha diferenza de cinco puntos.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES R 72 - 77 ESTUDIANTES LUGO

Estudiantes R: Iker, Ero, Fernando, Rafael, Mateo, Bruno, Daniel, Ramón, Francisco, Tomás e Martín. 
Estudiantes Lugo: Diego, Mateo, Adrián, Iker, Rodrigo, Sergio, Hugo, Álvaro, Mikel, Duarte, Alejandro e David.
Parciais: 20-16/23-15/14-18/15-28.
Cancha: A Xunqueira.

 

Resultados xornada 9

Culleredo 81 45 Basket Ferrol
Ourense 81 45 Galogrín
Estudiantes R 72 77 Estudiantes

Próxima xornada

Estudiantes - - Culleredo
Galogrín - - Estudiantes R
Basket Ferrol - - Ourense

 

Preinfantil Masculina

Segunda Fase Grupo B1 

Na categoría preinfantil arrincou a segunda fase, cos dous equipos de Lugo formando parte do grupo B1. O Cidade de Lugo estreouse con vitoria sobre o Río Ulla, aínda que o primeiro cuarto foi mellor o conxunto visitante, os lucenses axustaron o marcador antes do descanso. Na segunda metade mudou o mando, o Cidade impuxo o seu xogo ata conseguir adiantarse e levarse a vitoria por 64-46.

O Sarria, no seu caso, perdeu contra o Compañía de María na casa. Os amarelos competiron ben a maioría do partido, xogando na dinámica adestrada. Porén, a altura dos rivais os penalizou moito en rebote defensivo e esas diferenzas fixeron que acabaran perdendo o partido por 68-75.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 64 - 46 RÍO ULLA

Cidade de Lugo: Martín, Luis, Samuel, Arturo, David, Xabier, Eloy, Alexandre, Alejandro, Mario, Teo e Brais.
Río Ulla: Pedro, Roi, Iker, Leo, Yago, Óliver, Roque e Manuel.
Parciais: 11-14/18-16/18-02/17-14.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 68 - 75 COMPAÑÍA DE MARÍA

CB Sarria: Pablo, Mario, Gael, Jesús, Xandre, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Compañía de María B: Rafael, Adrián, Xoel, Lucas, Darío, Beltrán, Hugo, Mateo e Marcos.
Parciais: 13-22/14-15/29-18/12-20.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.
 

Resultados xornada 1

Cidade de Lugo 64 46 Río Ulla
Sarria 68 75 Compañía de María

Próxima xornada

Cidade de Lugo - - Compañía de María
Río Ulla - - Sarria
 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil