O Cidade de Lugo e o Sarria pechan a liga regular preinfantil

Na Primeira infantil as do Ensino conseguiron a única vitoria da xornada, pois o Burela e o Estudiantes foron derrotados

Primeira Infantil

Feminina Segunda Fase Grupo A1  

O Ensino levouse unha nova vitoria, esta vez a domicilio, contra o Salesianos VIgo A. Malia que o marcador foi avultado ao final, non é fiel ao que foi o partido, xa que se notou un baixón no xogo do equipo. As lucenses mandaron no marcador dende o inicio, pero co paso dos minutos faltoulles fluidez e foron imprecisas. En certos momentos as locais aproveitaron os problemas da defensa visitante para achegarse no taboleiro.

Na segunda metade as lucenses melloraron a súa actividade, pero sen amosar o seu máximo nivel. A súa adestradora, Maisa López, recalca a importancia de volver acadar ese nivel competitivo para asegurar o primeiro posto. 

Consulta a clasificación aquí

SALESIANOS VIGO A 53 - 72 ENSINO

Salesianos Vigo A: Martina, Inés, Emma, Reyes, Valentina, Martina, Claudia, Antía, Natalia, Anahí, Claudia R e Iria.
Ensino: Carla, María, Claudia, Lúa, Marta, Alba, María e Rosa.
Parciais: 12-20/09-14/15-16/17-22.
Cancha: Apóstol Santiago.

 

Resultados xornada 8

Salesianos Vigo A 53 72 Ensino
Brión 63 73 Culleredo
Blanco Amor 52 30 Costa Ártabra

Próxima xornada

Blanco Amor - - Culleredo
Ensino - - Brión
Costa Ártabra - - Salesianos Vigo A

 

Masculina Segunda Fase Grupo A1

No caso da masculina, ningún dos dous equipos lucenses conseguiu o triunfo. No grupo A1 o Burela enfrontouse a domicilio contra o Seis do Nadal e caeu por 90-68. Os laranxas estiveron moi ben no inicio do partido, mantivéronse por diante ata que, nuns minutos de desconexión no segundo período, os locais apoderáronse do duelo. Noel e Dani metéronse en problemas de faltas e iso prexudicou ao equipo mariñao, que acabou perdendo contra un grande equipo. 

O punto de mira do Burela está agora en manter a categoría, xa que a incorporación do Betanzos á Primeira fai que no grupo A1 descendan tres equipos. Polo momento, o Burela vai quinto e tería que subir ata o cuarto posto para salvarse.

Consulta a clasificación aquí

SEIS DO NADAL 90 - 68 BURELA

Seis do Nadal Coia: Ezequiel, Iago, Pedro, Hugo, Alejandro, Diego, Marc, Magín, Óscar, Mateo M, Mateo P e Jorge.
CB Burela: Fabio, Roi, Noel, Egoitz, Samuel, Daniel, Manuel e Ivo.
Parciais: 23-23/27-11/20-16/20-18.
Cancha: Navia.

 

Resultados xornada 8

Básquet Coruña 66 26 Narón
Seis do Nadal 90 68 Burela
Obradoiro 90 93 Novobasket

Próxima xornada 

Narón - - Obradoiro
Seis do Nadal - - Novobasket
Burela - - Básquet Coruña

 

Masculina Segunda Fase Grupo A2

No grupo A2 ao Estudiantes se lle escapou por pouco o partido contra o Ourense. O duelo celebrado no Anexo do Pazo empezou mellor para os visitantes, que se impoñen fisicamente e conseguen levarse o primeiro parcial. Pouco a pouco os celestes comezaron a mellorar en defensa e rebote e encontraron mais acerto en ataque, co que conseguiron achegarse no marcador. 

No terceiro cuarto o Estudiantes mantivo esa dinámica levándose o parcial por 15-12. Todo estaba en xogo no último cuarto, o equipo lucense chegou cinco puntos abaixo a falta de un minuto, pero unha cesta e Álvaro e un triplo de Duarte empataron o partido. O Ourense reaccionou rápido e púxose dous arriba no seguinte ataque. Os celestes pediron tempo morto e foron polo partido, tiveron a oportunidade de empatar en tiros libres e cestas de Mikel e Duarte, pero a fortuna non lles acompañou.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 66 - 68 OURENSE 

Estudiantes Lugo: Diego, Mateo, Iker, Rodrigo, Sergio, Hugo, Álvaro, Maikel, Duarte, Alejandro e David.
Bball Ourense: Alex, Héctor, Siro, Rodrigo, Anxo, Brais, Mauro, Gabriel e Breixo.
Parciais: 15-21/20-19/15-12/16-16.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 8

Culleredo 67 96 Estudiantes R
Estudiantes 66 68 Ourense
Galogrín - - Estudiantes R

Próxima xornada

Culleredo - - Basket Ferrol
Ourense - - Galogrín
Estudiantes R - - Estudiantes

 

Preinfantil Masculina

Primeira Fase Grupo Norte 

A categoría preinfantil pechou esta fin de semana a primeira fase. O Cidade de Lugo rematou no quinto posto e cunha xeira moi positiva, pois venceu nas últimas cinco quendas. O último partido foi contra o Basket Ferrol a domicilio e despois de marcar a diferencia cun espectacular último cuarto, lograron a vitoria cun marcador de 48-68.

No caso do Sarria, quedou no número sete e conseguiu o triunfo esta xornada contra o Baxi Ferrol. Os amarelos fixeron un gran partido de inicio a fin, mantendo un bo nivel tanto en ataque e defensa que os levou a conseguir unha diferenza de 20 puntos no electrónico do Novo Pavillón do Chanto.

Consulta a clasificación aquí

BASKET FERROL 48 - 68 CIDADE DE LUGO

Basket Ferrol: Sergio, Jaime, Javier, Alejandro, Miguel, Losseni, Xavier e Rubén.
Cidade de Lugo: Martín, Luis, Samuel, David, Xabier, Eloy, Alejandro, Mario, Teo e Brais.
Parciais: 12-17/18-15/16-12/02-24.
Cancha: Casa do Deporte.

SARRIA 70 - 50 BAXI FERROL

CB Sarria: Pablo, Mario, Gael, Jesús, Xandre, Jairo, Brais, Samuel e Izan.
Baxi Ferrol: Daniel, Unai, Manuel, Pedro, Adán, Alejandro, Guillermo Gerardo e Antón.
Parciais: 21-06/12-15/21-11/16-18.
Cancha: Pavillón do Chanto.
 

Resultados xornada 18

Esclavas Coruña 40 84 Betanzos
Montrove 63 56 Básquet Coruña
Basket Ferrol 48 68 Cidade de Lugo
Obradoiro 80 65 Culleredo
Sarria 70 50 Baxi Ferrol
 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil