Tres lucenses foron seleccionados para participar no Torneo Puerta de Asturias

Claudia Rodríguez, Hugo Fernández e Íker Trillo foron preseleccionados para participar coa Galega nun torneo oficial como preparación ao Campionato de España

Esta fin de semana a 1º infantil non tivo xornada, xa que deixou paso ás preseleccións galegas que participaron no VI Torneo Puerta de Asturias. Na categoría feminina, foi convocada a lucense Claudia Rodríguez, do Viveiro, mentres que na masculina, foron preseleccionados Iker Trillo, do Burela, e Hugo Fernández, do Estudiantes. Ademais, Pablo Abuín, do Estudiantes, forma parte do cadro técnico da categoría masculina e, Nacho Mota, do Burela, completa o da feminina. 

No Torneo, Galicia caeu por moi pouco na categoría masculina contra Castilla e León (88-92) e gañoulle tanto ao equipo asturiano (41-84) como ao vasco (51-102). Segundo o seleccionador lucense, foi "unha primeira toma de contacto positiva coa competición despois de varios adestramentos". Na feminina, as galegas gañáronlle ao conxunto de Asturias, tanto na xornada do sábado (43-78), como na do domingo (24-69). Para Nacho, "seguimos no proceso para acabar formando o grupo de 12. Tivemos moi boas sensacións e seguimos crecendo como equipo".

A vindeira fin de semana, a competición volverá á normalidade. Na feminina o Ensino e o Estudiantes recibirán na casa ao Costa Ártabra e ao Basket Coruña. Na masculina, xogarán coma local o Estudiantes e o Burela contra Montrove e Culleredo, mentres que o Ensino viaxará a Ferrol.

Consulta as clasificacións aquí

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Peleteiro - Baxi Ferrol
Culleredo - Compostela
Ensino - Costa Ártabra
Estudiantes - Básquet Coruña

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Estudiantes - Montrove
Basket Ferrol - Ensino
Burela - Culleredo
Básquet Coruña - Narón

 

Más en Primeira Infantil e Preinfantil