Derrotas do Ensino e o Estudiantes nunha xornada salvada polo Burela

O conxunto masculino do club laranxa foi o único que conseguiu levarse os dous puntos nesta fin de semana, xa que os catro equipos da capital foron derrotados

O Ensino e o Estudiantes pechan a clasificación da feminina despois dunha xornada na que ningún dos dous conxuntos lucenses conseguiu triunfar. En canto á masculina, so o Burela se levou os dous puntos contra o Narón. O Estudiantes caeu contra o Básquet Coruña e o Ensino co Montrove.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Os dous conxuntos femininos de Lugo leváronse tan só un punto esta fin de semana. O Estudiantes, que aínda non viu a vitoria este curso, non conseguiu culminar a remontada contra o Peleteiro. Despois dun inicio con falta de ritmo, melloraron en actitude no segundo cuarto, recortando distancia no marcador. Á volta do intermedio volveu faltarlles intensidade, pero seguiron remando ata achegarse a catro puntos e quedaron preto do primeiro triunfo.

O Ensino foi superado a domicilio polo Básquet Coruña. As vermellas pasaron a primeira parte sen competir e, malia que despois do intermedio conseguiron levarse o terceiro cuarto, non foi suficiente para gañar o partido.

ESTUDIANTES 40 - 44 PELETEIRO

Estudiantes: Sarai, Noa, María, Carmen, Arianny, Alba, Daniela, Alba F e Ania.
Peleteiro: Irene, Carmen, Luisa, Alicia, Clara, Ana, Candela, Sitota, Dolores, Eva e Lidia.
Parciais: 05-17/19-14/07-11/09-02.
Cancha: Anexo do Pazo.

BÁSQUET CORUÑA 71 - 40 ENSINO

Básquet Coruña Leyma: Mar, Teresa, Adriana, Claudia, María, Marta, Sofía, Emma, Cristina e Marta.
Ensino: Cayetana, Sara, Marta, Adriana R, Adriana L, Noa, Antía, Rosa, Adriana e Marina.
Parciais: 20-10/21-05/13-18/17-07.
Cancha: Ventorrillo.

 

 
1ª INFANTIL FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 4

Estudiantes 40-44 Peleteiro
Básquet Coruña 71-40 Ensino
Costa Ártabra 44-96 Culleredo
Compostela 68-52 Baxi Ferrol

Próxima xornada

Peleteiro - Baxi Ferrol
Culleredo - Compostela
Ensino - Costa Ártabra
Estudiantes - Básquet Coruña

 

Masculina

O Burela conseguiu os únicos dous puntos da masculina nun partido espectacular contra o Narón. Tras un inicio moi igualado, os laranxas fixeron un gran segundo cuarto no que a través da defensa conseguiron un parcial de 06-27 que rompeu o partido. Foron capaces de manterse concentrados os 40 minutos para rematar o partido cun 46-85 no taboleiro.

O Estudiantes mantense na cuarta posición despois de caer contra os líderes, o Básquet Coruña. Os lucenses saíron mellor á pista, conseguindo facer un parcial de 0-8, pero a partir de aí os locais metéronse no partido e impuxeron a súa presión á toda á pista, conseguindo poñerse dez puntos por riba ao descanso. Na segunda metade conseguiron estar máis acertados na saída de presión, pero os erros no balance defensivo propician que os da Coruña gañen os un contra un e se manteñan sempre por diante no marcador. 

Tampouco foi quen de levarse a vitoria esta xornada o Ensino. Despois de un cuarto bastante igualado, o Montrove meteulle unha marcha máis ao duelo no segundo período e o curto banco dos ensinistas non conseguiu seguirlles a intensidade física. Tralo descanso o conxunto lucense volveu xogar máis concentrado, levouse o terceiro parcial e competiu ben nos minutos finais, pero o choque xa quedara decantado na primeira metade.

BÁSQUET CORUÑA 70 - 52 ESTUDIANTES

Básquet Coruña: ND
Estudiantes: Dimas, Jacobo, Pablo, Sergio, Mateo, Hugo, Rodrigo, Míkel, Lucas C e Lucas L.
Cancha: Ventorrillo.

NARÓN 46 - 85 BURELA

Baloncesto Narón: Luís, Adrián, Hugo, Martín, Alejandro, Jorge, Jesús, Xabier, Iker, Sergio, Lois e Antón.
Burela: Daniel, Roi, Noel, Fabio, Ethan, Esteban, Manuel, Adrián e Iker.
Parciais: 15-15/06-27/11-18/14-25.
Cancha: Municipal da Gándara.

ENSINO LUGO 63 - 79 MONTROVE

Ensino Lugo: Miguel, Martín, Pablo, Julián, Daniel, Gerardo, Sergio, Pablo G, Pablo V e Saúl.
Montrove: Mateo, Iago, Adrián, Jorge, Antón, Brais, Ignacio, Jacobo, Marcos e Luís.
Parciais: 14-15/09-27/16-13/24-24.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
1ª INFANTIL MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 4

Básquet Coruña 70-52 Estudiantes
Narón 46-85 Burela
Culleredo 51-81 Basket Ferrol
Ensino Lugo 63-79 Montrove

Próxima xornada

Estudiantes - Montrove
Basket Ferrol - Ensino
Burela - Culleredo
Básquet Coruña - Narón