O Ensino agarda ao Campionato de España

Despois de coroarse campión galego, os vermellos terán a próxima cita en San Fernando
O Ensino, xunto co Obradoiro, na entrega de premios da fase final celebrada a pasada semana. Foto: FEGABA
photo_camera O Ensino, xunto co Obradoiro, na entrega de premios da fase final celebrada a pasada semana. Foto: FEGABA

A fin de semana pasada o Ensino proclamouse campión galego despois de gañar final ao seu eterno rival, o Obradoiro de Santiago de Compostela. Xa despois de clasificarse en semifinais contra o Culleredo, os vermellos tiñan asegurada a praza no Campionato de España de Clubs, pero tras conseguir o ouro o farán como os mellores de Galicia. 

A máxima competición nacional na cadete masculina celebrarase entre o 19 e o 25 de maio en San Fernando, Cádiz. No caso da categoría feminina, na que a representación galega, virá por parte do Culleredo e o Celta, a sede do Campionato será Santiago de Compostela.

Más en Primeira Cadete