O Ensino xa ten adxudicado o seu grupo no Campionato de España

Os vermellos formarán parte do grupo G e estrearanse na competición xogando coma visitantes ante o Aranguren Multibasket.
Unha imaxe da celebración do primeiro posto na fase final. Foto: AC
photo_camera Unha imaxe da celebración do primeiro posto na fase final. Foto: AC

Campionato de España Cadete

Grupo G 

O Campionato de España cadete, que se celebrará entre o 19 e o 25 de maio xa ten calendario de competición. O equipo masculino do Ensino será o único en representar a provincia. A competición, que conta cun total de 32 equipos, comeza cunha primeira fase de grupos.

Os vermellos formarán parte do grupo G xunto co La Salle Palma, ABQ Calahorra e Aranguren Multibasket. O primeiro encontro será o domingo 19 ás 13:30 horas. Para pasar aos oitavos de final o equipo lucense terá que rematar líder. 

Xornada 1

Aranguren - - Ensino
Calahorra - - La Salle Palma

Xornada 2

Ensino - - Calahorra
Aranguren - - La Salle Palma

Xornada 3

Calahorra - - Aranguren
La Salle Palma - - Ensino

 

 

Más en Primeira Cadete