O Ensino comezará o curso na masculina enfrontándose ao Basket Ferrol a domicilio

Xa está dispoñible o calendario da primeira fase da categoría cadete, que comezará a competición a fin de semana do 15 de outubro 
O Ensino cadete. XESUS PONTE
photo_camera O Ensino cadete. XESUS PONTE

Despois da celebración das fases previas, nas que o Estudiantes, na feminina, conseguiu o ascenso á Primeira e o Burela, na masculina, quedou ás portas, por fin se achega o inicio da competición regular. A fin de semana do 15 e 16 de outubro disputarase a primeira xornada do curso 22/23 para ambalas dúas competicións. Para a masculina, xa se publicou o calendario da primeira fase, mentres que na feminina estará dispoñible en breve.

Masculina

A categoría masculina contará con tan só un representante de Lugo este ano, o Ensino. O conxunto da capital provincial deixou o listón moi alto a pasada tempada, posto que foi Subcampión Galego e clasificouse para o Campionato de España. Este curso será un dos seis integrantes do grupo Norte na primeira fase e tocaralle enfrontarse contra o Basket Ferrol a domicilio na primeira xornada. Xunto con eles dous, completan a lista o Culleredo, o Obradoiro, o Montrove, o Cambre, o Básquet Coruña e o Santo Domingo Betanzos.

 
PRIMEIRA CADETE MASCULINA
  
Primeira xornada                                                                                                                                          
Basket Ferrol - Ensino
Culleredo - Santo Domingo
Obradoiro - Cambre
Montrove - Basquet Coruña

 

Más en Primeira Cadete