O Ensino pecha a segunda fase no alto e cunha vitoria sobre o Bosco

Na feminina as vermellas superaron ao Básquet Coruña na última xornada para rematar entre os catro mellores equipos de Galicia

Masculina

Segunda Fase Grupo A2

O Ensino finalizou esta fin de semana a segunda fase da liga regular e, na masculina, rematou á cabeza con vitoria na casa. O equipo lucense presentouse ao encontro cun curto banco e con xogadores tocados xa que algún viña de xogar a fase final júnior. Aínda así os vermellos saíron á pista coa intención de romper cedo o duelo e iso fixeron, impoñendo un ritmo alto conseguiron facer un primeiro parcial de 30-04.

Con isto, houbo un pequeno momento de relaxación por parte dos lucenses, pero repuxéronse, Néstor marcaba o ritmo e o equipo seguiu anotando ata o final, pechando o marcador cun amplo resultado de 117-54.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 117 - 54 BOSCO SALESIANOS

Ensino: Juan, Sergio, Pablo, Samuel, Néstor, Carlos, Julián, Jorge, Guillermo e Cheick.
Bosco Salesianos: Mauro, Víctor, Lucas, Miguel, Hugo, Diego, Xabier, Martín, Rafael e Álvaro.
Parciais: 30-04/31-23/30-07/26-20.
Cancha: Anexo do Pazo.
 

Resultados xornada 10

Basket Ferrol 86 73 PBB A
Cambre 60 65 Novobasket
Ensino 117 54 Bosco Salesianos

 

Feminina

Segunda Fase Grupo A2

Na categoría feminina, o Ensino rematou no segundo posto e cunha vitoria a domicilio ante o Básquet Coruña. As lucenses xogaron en Riazor un partido con dúas partes moi diferenciadas. A primeira rematou co marcador igualado, tras un xogo pouco fluído e con escasa anotación por parte de ambos os dous equipos.

No segundo tempo o cadro vermello deu un paso adiante en defensa, o que fixo que dominaran con claridade o terceiro cuarto conseguindo un gran parcial de 04-27. Esa intensidade permitiulles xogar con máis confianza e mantivéronse serias ata o final, aínda que houbo algunha precipitación no último cuarto, controlaron o partido para levarse a vitoria por 35-62.

Con isto, quedan clasificadas para a Fase final, onde terán que xogar a ronda previa.

Consulta a clasificación aquí

BASQUET CORUÑA 35 - 62 ENSINO

Básquet Coruña: Eva, Mar, Marta, Iria, Claudia, María, Carlota, Sofía, Paula, Emma, Cristina e Carolina.
Ensino: Sara, Carla, Nadia, María, Claudia, Carla, Lúa, Marta, Aroa, Alicia e Rosa.
Parciais: 04-09/13-08/04-27/14-18
Cancha: Riazor.

 

Resultados xornada 10

Básquet Coruña 35 62 Ensino
Culleredo 94 39 Miralba Celta
Allariz 60 33 Seis do Nadal
 

Más en Primeira Cadete