O Ensino feminino conseguiu gañar ao Básquet Coruña na casa

Na masculina, os vermellos seguen invictos tras superar ao Bosco Salesianos a domicilio
Imaxe de arquivo do encontro entre o Ensino e o Básquet Coruña da primeira fase. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Imaxe de arquivo do encontro entre o Ensino e o Básquet Coruña da primeira fase. Foto: Noelia Alpe

Masculina

Segunda Fase Grupo A2 

O Ensino cadete asinou a quinta vitoria da segunda fase no grupo A2. Os lucenses, que seguen líderes, enfrontáronse a domicilio ao Salesianos nunha pista de cemento complicada. Empezaron con medo de meterlle ritmo ao partido, pouca velocidade, pero fixeron un primeiro parcial 06-16 sen estar moi acertados. O segundo cuarto foi parecido, aumentou más a intensidade cun bo Néstor que creaba situacións de vantaxe, aínda que os rivais intentaban frealo.

Empezaron a segunda parte cunha boa distancia no marcador e Cheick comezou a mellorar o seu porcentaxe anotador, deixando o partido case resolto. No último cuarto o Ensino sufriu a lesión de Carlos, pero aínda así leváronse o derradeiro cuarto e sentenciaron o partido cun marcador de 35-79.

Consulta a clasificación aquí

SALESIANOS 35 - 79 ENSINO

Bosco Salesianos: Mauro, Víctor, Lucas, Miguel Ángel, Hugo, Diego, Xabier, Ángel, Rafael, Izan e Álvaro.
Ensino Lugo: Juan, Sergio, Samuel, Néstor, Carlos, Jorge, Pablo B, Pablo G e Cheick.
Parciais: 06-16/14-22/03-23/12-18.
Cancha: Salesianos.

 

Resultados xornada 5

PBB A 87 69 Basket Ferrol
Novobasket 104 42 Cambre
Bosco Salesianos 35 79 Ensino

Próxima xornada

PBB A - - Bosco Salesianos
Cambre - - Ensino
Novobasket - - Basket Ferrol

 

Feminina

Segunda Fase Grupo A2

Na categoría feminina o Ensino superou ao Básquet Coruña para manterse no terceiro posto, o seu obxectivo para esta segunda fase. A primeira metade as lucenses despregaron un moi bo xogo colectivo, con moita intensidade, ataques rápidos e solidez en defensa.

Co marcador a favor, despois da pausa mudou a dinámica e ás vermellas se lles acabaron as ideas. Dende o terceiro período custoulles moito máis anotar e notouse a fatiga tralo esforzo da primeira parte. Aínda así a vantaxe permitiu que se mantiveran por riba no marcador e acabaran vencendo por 59-38.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 59 - 38 BÁSQUET CORUÑA

Ensino: Sarai, Nadia, Maria, Claudia, Carla, Lúa, Marta, Aroa, Alicia e Rosa.
Básquet Coruña: Eva, Mar, Marta, Claudia, Carlota, Sofía, Paula, Emma, Cristina e Carolina.
Parciais: 21-13/18-07/12-10/08-08.
Cancha: Seminario.

 

Resultados xornada 4

Ensino 59 38 Básquet Coruña
Seis do Nadal 65 41 Allariz
Miralba Celta 21 108 Culleredo

Próxima xornada

Seis do Nadal - - Culleredo
Allariz - - Básquet Coruña
Miralba Celta - - Ensino

 

 

 

Más en Primeira Cadete