Unha de cal e outra de area para os catro conxuntos lucenses na segunda fase da Primeira cadete.
Masculina
O Ensino masculino segue progresando na segunda fase e esta xornada venceron a domicilio ao Compostela. Os lucenses comezaron moi ben o primeiro cuarto, con moita intensidade e ritmo anotador, ademais de controlar aos dous mellores xogadores de Santiago. Colleron cedo a distancia no marcador, axudados dende a defensa, con bo ritmo en ataque e acerto exterior.
Os locais plantaron unha zona que aos ensinistas lles custou atacar, pero pouco a pouco volven achegarse á cesta e fóronse ao descanso con máis de 30 puntos de vantaxe. Tralo paso polos vestiarios a saída á pista non foi nada boa e non conseguiron o terceiro parcial ata o final do cuarto. No último aproveitaron a rotación do Compostela para seguir un ritmo alto de xogo e matar o partido cun resultado de 49-102.
COMPOSTELA 49 - 102 ENSINO
Ensino: Uxío, Teo, Hugo, Martín, Néstor, Alejandro, Carlos, Martín e Guillermo.
Parciais: 13-32/10-23/14-18/12-29.
Cancha: Instituto Rosalía de Castro.
1ª CADETE MASCULINA - SEGUNDA FASE A2 |
---|
Compostela | 49-102 | Ensino |
Marín | 80-58 | Básquet Coruña |
Básquet Coruña | - | Compostela |
Ensino | - | Marín |
Feminina
Na feminina, o Ensino caeu na loita polo campionato. Enfrontáronse a domicilio contra o Compostela, un rival superior ao que lle lograron competir en moitos momentos do partido. Os tres primeiros cuartos estiveron moi igualados en tódalas facetas do xogo, pero no último cuarto a fatiga fíxolles perder demasiados balóns.
Nos grupos de abaixo, ao Estudiantes se lle escapou o duelo contra o Ferrol, pero o Burela conseguiu unha vitoria a domicilio. As celestes disputaron un duro encontro no que na primeira parte perderon moitos balóns, pero mantivéronse no partido. Os fallos baixo a cesta e nos tiros liberados permitiron que o partido estivera igualado, ata que no último cuarto chegan a ir sete puntos por baixo e só lles quedou reaccionar. Volveron fallar un par de cestas fáciles, mentres que o Baxi atinou nos tiros libres e levouse o partido por 43-46.
Pola parte do Burela, impúxose ao Bosco Salesianos en Ourense. Empezaron o partido bastante faltas de intensidade e con poucas ideas en ataque. Malia isto, os cambios na estratexia defensiva as axudaron a correr e roubar balóns para darlle a volta ao marcador. Dende o segundo período foron crecendo e sacaron o duelo adiante cun resultado de 36-51.
COMPOSTELA 78 - 53 ENSINO
Candelas Ensino: Sara, Candela, Nadia, María, Sara L, Claudia, Cayetana, Carla, Aroa e Lola.
Parciais: 14-16/31-17/14-09/19-11.
Cancha: Instituto Rosalía de Castro.
ESTUDIANTES 43 - 46 BAXI FERROL
Baxi Ferrol: Daniela, Cloe, Sofía, Aitana, Carmen, Sofía, Irene, María, Lara, Elena e Laura.
Parciais: 08-07/08-12/10-09/17-18.
Cancha: Anexo do Pazo.
BOSCO SALESIANOS 36 - 51 BURELA
Burela: Sara, Henar, Claudia, Aroa, Candela, Carla e Lucía.
Parciais: 12-07/12-19/04-10/08-15.
Cancha: Polideportivo Salesianos.
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE A2 |
---|
Compostela | 78-53 | Ensino |
Seis do Nadal | 42-82 | Celta Zorka |
Celta Zorka | - | Ensino |
Compostela | - | Seis do Nadal |
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE B1 |
---|
Estudiantes | 43-46 | Baxi Ferrol |
Miralba Celta | 46-40 | Arxil A |
Arxil A | - | Estudiantes |
Baxi Ferrol | - | Miralba Celta |
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE B2 |
---|
Bosco Salesianos | 36-51 | Burela |
Salesianos Vigo A | 78-46 | Río Ulla |
Río Ulla | - | Bosco Salesianos |
Burela | - | Salesianos Vigo A |