O Ensino comezou a segunda fase cunha vitoria a domicilio na categoría masculina

O equipo de Rubén Engroba, que terminou segundo a liga regular, gañoulle ao Básquet Coruña para empezar con bo pé a nova etapa 

Esta fin de semana a Primeira cadete comezou a segunda fase da competición. O Ensino xoga polo campionato na categoría masculina e feminina, mentres que o Burela e o Estudiantes esperan conservar a categoría.

Consulta as clasificacións aquí

 

Masculina

Os ensinistas foron quen de estrearse con bo pé na segunda fase, xa que gañaron a domicilio ao Básquet Coruña. Comezaron ben o partido, con intensidade, pero foron baixando o nivel e encaixaron bastantes puntos. O Ensino foi mellorando no segundo e terceiro cuarto, xa co partido no peto. No último período se deixaron levar un pouco, pero seguen coa mira na fase máis importante da competición, chegar á final.

BÁSQUET CORUÑA 59 - 101 ENSINO

Básquet Coruña: Nicolás, Jorge, César, Teo, Jorge M, Xoan, Gonzalo, Javier, David, Anxo e Álvaro.
Ensino: Uxío, Teo, Hugo, Martín, Néstor, Alejandro, Carlos, Martín e Guilermo.
Parciais: 23-41/12-24/14-19/10-17.
Cancha: Riazor.
 
1ª CADETE MASCULINA - SEGUNDA FASE A2

Resultados xornada 1

Compostela 46-85 Marín
Básquet Coruña 59-101 Ensino

Próxima xornada 

Compostela - Ensino
Marín - Básquet Coruña

 

Feminina

Na feminina, os tres equipos lucenses repártense entre os tres grupos. O Ensino loita polo campionato ao igual que na masculina, pero neste caso elas caeron derrotadas contra o Seis do Nadal. Disputaron un partido moi igualado en tódalas facetas do xogo, no que os erros non lles permitiron despegarse no marcador. A derrota decidiuse ao final, polo acerto no tiro exterior das rivais.

O Estudiantes venceu ao Miralba Celta no grupo B1. As celestes conseguiron saír amosando un bo nivel defensivo, algo que lles estaba custando nos últimos partidos. Isto axudoulles a roubar balóns correr e meter cestas fáciles para conseguir as primeiras vantaxes. Na segunda metade seguiron controlando o partido e sacaron unha diferenza importante que administraron sen problemas ata o final.

O Burela no B2, superou coma visitante ao Río Ulla. O conxunto da Mariña recuperou a Candela e notouno dende o inicio, conseguiron levarse o primeiro cuarto, pero baixaron o ritmo antes do descanso. Malia isto, á volta puxéronse a traballar e conseguiron sacar unha grande diferencia no terceiro parcial para asegurarse o triunfo.

ENSINO 54 - 57 SEIS DO NADAL

Ensino: Sara, Candela, Nadia, María, Sara, Claudia, Cayetana, Carla, Aroa, Lola e Alicia.
Seis do Nadal: Noa, Sofía, Candela, Paula, Sandra, Eva, Noa, Celia, Carla e Martina.
Parciais: 14-13/15-17/11-12/14-15.
Cancha: Anexo do Pazo.

ESTUDIANTES 59 - 29 MIRALBA CELTA

Estudiantes Lugo: Carlota, Sarai, Nerea, Marina, Valle, Daniela, Iria, Eva e Lucía.
Miralba Celta: Daniela, Carlota, Cristina, Alejandra, Manuela, Raquel, Aroa, Tania, Marguerita, Alicia e Alexandra.
Parciais: 16-04/17-10/07-04/19-11.
Cancha: Anexo do Pazo.

RÍO ULLA 41 - 55 BURELA

Río Ulla: Elena, Laura, Lucía, Rita, Ángela, Natalia, Yaiza, Inés, Candela, Mercedes e Lola.
Burela: Sara, Henar, Claudia, Aroa, Candela, Carla, Lucía e Sara.
Parciais: 12-14/12-06/09-24/08-11.
Cancha: Pontecesures.
 
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE A2

Resultados xornada 1

Ensino 54-57 Seis do Nadal
Celta Zorka 73-42 Compostela

Próxima xornada 

Ensino - Compostela
Seis do Nadal - Celta Zorka

 

 
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE B1

Resultados xornada 1

Estudiantes 59-29 Miralba Celta
Arxil A 52-65 Baxi Ferrol

Próxima xornada 

Estudiantes - Baxi Ferrol
Miralba Celta - Arxil A

 

 
1ª CADETE FEMININA - SEGUNDA FASE B2

Resultados xornada 1

Bosco Salesianos 60-63 Salesianos Vigo A
Río Ulla 41-55 Burela

Próxima xornada 

Bosco Salesianos - Burela
Salesianos Vigo A - Río Ulla

Más en Primeira Cadete