O Ensino masculino remata segundo a liga regular, mentres que na feminina, quedaron cuartas

Os vermellos volveron conseguir un gran marcador de 103-54 na última xornada contra o Betanzos. Na feminina, as ensinistas perderon contra o Compostela, pero son as lucenses mellor clasificadas

Esta fin de semana rematou a primeira fase da competición autonómica cadete, con tan só un metal lucense, que conseguiu o Ensino masculino.

Consulta as clasificacións aquí

 

Masculina

Os ensinistas quedaron clasificados no segundo lugar da liga regular, detrás do Balidea Obradoiro. Nesta derradeira xornada ganáronlle ao Betanzos na casa por 103-54. Comezaron o partido bastante relaxados, a partir de aí comezaron a coller ritmo e marcháronse no marcador. Aínda así o ataque parou e o primeiro cuarto rematou cun parcial de 18-10.

No segundo período o Ensino xa amosou o seu potencial e metéronlle aos rivais 36 puntos, deixándoos a eles por debaixo dos dez, unha diferenza máis coherente tendo en conta a calidade dos dous conxuntos. Na segunda parte o Santo Domingo apostou pola zona e a anotación dos lucenses foi máis baixa, pero aínda así dominaron o terceiro cuarto sen problemas. Os minutos finais foron bastante desastrosos, o Ensino relaxouse e fixo unha mala defensa que permitiu que o Betanzos se levase o derradeiro parcial.

ENSINO 103 - 54 BETANZOS

Ensino: Uxío, Teo, Hugo, Martín, Néstor, Alejandro, Carlos, Martín e Guillermo.
Santo Domingo Betanzos: Mario, Nicolás, Pablo, David, Aarón, Martín e Juan D.
Parciais: 18-10/36-09/25-08/24-27.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

 
1ª CADETE MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Basket Ferrol 80-44 Montrove
Obradoiro 120-30 Básquet Coruña
Culleredo 73-71 Cambre
Ensino 103-54 Betanzos

 

Feminina

Na feminina, o Ensino foi o mellor clasificado dos equipos lucenses, malia que nesta derradeira xornada foi superado polo Compostela con ampla diferenza. As da capital provincial loitaron contra un equipo moi superior, que as pasou por riba en tódalas facetas do xogo. Malia a derrota, quedaron no cuarto posto, que lles da acceso ao grupo alto na segunda fase. 

O Estudiantes rematou quinto a liga regular e cunha vitoria sobre o Baxi Ferrol. As celestes non saíron ben á pista e os errores defensivos custáronlles un parcial de 15-06. Pouco a pouco foron reaccionando e o partido igualouse. No terceiro período conseguiron pequenas vantaxes e romperon o duelo no último cuarto, cando foron capaces de roubar balóns e construír contraataques.

As do Estudiantes xogarán a segunda fase no grupo baixo, ao igual que o Burela, que rematou sexto. As laranxas presentáronse ao partido contra o Río Ulla con bastantes baixas e, aínda que pelexaron todo o posible, acabóuselles a gasolina e perderon o encontro por seis puntos.

BAXI FERROL 38 - 52 ESTUDIANTES

Baxi Ferrol: Daniela, Cloe, Sofía, Aitana, Mara, Sofía, Irene, María, Lara, Elena e Laura.
Estudiantes Lugo: Carlota, Sarai, Nerea, Noa, Marina, Valle, Daniela, Iria, Eva e Lucía.
Parciais: 15-06/07-14/11-15/05-17.
Cancha: Casa do Deporte.

BURELA 54 - 60 RÍO ULLA

Burela: Sara, Henar, Claudia, Aroa, Carla e Sara.
Río Ulla: Elena, Laura, Hiwot, Adela, Lucía, Ruth, Ángela, Natalia, Inés, Candela, Mercedes e Lola.
Parciais: 16-14/09-17/14-07/15-22.
Cancha: Vista Alegre.

COMPOSTELA 90 - 32 ENSINO

Institutos de Compostela: Sara, Elda, Elia, Kim, Beatriz, Andrea, Noa, Paula, Marcela, Mara, Andrea e Daniela.
Ensino: Candela, Nadia, María, Sara, Claudia, Cayetana, Carla, Aroa, Lola e Alicia.
Parciais: 29-08/23-07/22-09/16-08.
Cancha: Instituto Rosalía de Castro.

 

 
1ª CADETE FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE 

Resultados xornada 14

Baxi Ferrol 38-52 Estudiantes
Burela 54-60 Río Ulla
Compostela 90-32 Ensino
Básquet Coruña 53-44 Casa Sedes

Más en Primeira Cadete