O Ensino acumula 22 puntos despois de conseguir a décima vitoria contra o Básquet Coruña

Os vermellos leváronse o triunfo na casa, mentres que na feminina as súas compañeiras se impuxeron ao Casa Sedes a domicilio

O Ensino acaricia o grupo de ascenso na masculina, xa que asinaron a décima vitoria esta xornada. Na feminina, as ensinistas gañaron ao Casa Sedes e o Estudiantes caeu contra o Compostela.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Ensino volveu levarse a vitoria contra o Básquet Coruña, pero segue pechando os partidos con peores resultados que na primeira volta. Os coruñeses empezaron o partido con moito ritmo, mentres que o ataque dos lucenses van perdendo fluidez en ataque ao pecar de demasiadas individualidades. Malia iso, foron distanciándose no marcador, pero o equipo visitante consegue igualar o duelo ao final do primeiro cuarto. No segundo, o Ensino dominou sen buscar as súas mellores opcións e fóronse ao descanso por riba no marcador. Tralo intermedio, os locais melloraron a súa defensa para facer transicións e distanciarse máis no resultado.

ENSINO 87 - 53 BÁSQUET CORUÑA

Ensino: Uxío, Teo, Hugo, Martín, Néstor, Alejandro, Carlos, Martín e Guillermo.
Básquet Coruña: Nicolás, Jorge, César, Teo, Jorge, Lorenzo, Gonzalo, Javier, Daniel, David, Anxo e Álvaro.
Parciais: 22-16/23-13/26-09/16-15.
Cancha: Pazo Provincial dos Deportes.

 

 
1ª CADETE MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 12

Balidea Obradoiro 94-47 Basket Ferrol
Culleredo 69-64 Montrove
Ensino 87-53 Básquet Coruña
Betanzos 65-74 Cambre

Próxima xornada

Betanzos - Basket Ferrol
Cambre - Ensino
Básquet Coruña - Culleredo
Montrove - Obradoiro

Feminina

Pola parte dos conxuntos da provincia na feminina, o Estudiantes non foi quen de impoñerse ao Compostela. As celestes empezaron o duelo con dúbidas, o que fixo que non estiveran ben en ataque, aínda que a defensa mellorou con respecto a partidos pasados. Co paso dos minutos foron reaccionando, recortaron diferenzas no marcador, pero unha lesión de Marina as saca do duelo totalmente. Dende aí intentaron competir o mellor posible, pero tiñan a cabeza na súa compañeira, á que desexan unha pronta recuperación. 

No caso do Ensino, superou ao Casa Sedes a domicilio dando unha boa versión de equipo. As lucenses saíron á pista sendo moi superiores ás rivais, que solo conseguían os puntos no tiro libre. Na segunda metade o duelo igualouse, pero conseguiron estar ben plantadas nos minutos decisivos e leváronse a Lugo os dous puntos cun taboleiro de 64-70.

COMPOSTELA 72 - 43 ESTUDIANTES

Institutos de Compostela: Sara, Elda, Elia, Beatriz, Andrea, Noa, Paula, Mara, Andrea e Daniela.
Estudiantes Lugo: Carlota, Sarai, Nerea, Marina, Valle, Daniela, Iria, Eva e Lucía.
Parciais: 16-07/20-11/15-11/21-14.
Cancha: Instituto Rosalía de Castro.

CASA SEDES 64 - 70 ENSINO

Casa Sedes: Elena, Alicia, Ana, Nadia, Konjit, Martina, Antía, Paula e María.
Ensino: Candela, Nadia, María, Noa, Claudia, Cayetana, Carla, Aroa e Lola.
Parciais: 17-21/12-08/19-25/16-16.
Cancha: A Malata.

 

 
1ª CADETE FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE 

Resultados xornada 12

Compostela 72-43 Estudiantes
Básquet Coruña 73-18 Río Ulla
Casa Sedes 64-70 Ensino

Próxima xornada

Casa Sedes - BAXI Ferrol
Ensino - Básquet Coruña
Río Ulla - Compostela
Estudiantes - Burela

 

Más en Primeira Cadete