O Burela adianta ao Estudiantes na lista, ambos por detrás do Ensino

As laranxas gañaron nun final de infarto ao Compostela, mentres que as celestes foron superadas polo Básquet Coruña, líderes do grupo

A falta de tres xornadas para rematar a primeira fase o Ensino mantense ao pé do podio, seguido do Burela e o Estudiantes.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Os equipos da feminina apertan na recta final da primeira fase e o Ensino achegase á segunda fase. As lucenses gañaron esta fin de semana a domicilio ao Ferrol por 42-81. As de Aigor Romo foron amosando a súa superioridade no xogo e afastándose pouco a pouco no marcador. O Burela empata co conxunto da capital a 17 puntos despois de lograr gañar ás segundas clasificadas, o Compostela. As laranxas saíron mellor á pista e conseguiron irse por diante ao descanso. Malia que as locais metéronlle unha marcha máis tralo paso polos vestiarios, o equipo da Mariña conseguiu administrar a diferenza ata levarse o encontro por tan só un punto. 

O Estudiantes, sexto, foi derrotado na casa polo líder da clasificación, o Básquet Coruña. As visitantes son moi superiores fisicamente e na primeira metade conseguen sacar ás de Lugo do partido. No terceiro tempo o conxunto celeste reaccionou, conseguiron máis intensidade e aumentaron o ritmo anotador.

FERROL 42 - 81 ENSINO

Ferrol: Daniela, Cloe, Sofía, Carmen, Sofía P, Irene, María, Lara, Elena e Laura.
Ensino: Candela, Nadia, María, Noa, Sara, Claudia, Cayetana, Carla, Aroa, Lola e Alicia.
Parciais: 08-20/12-18/11-21/11-22.
Cancha: Casa do Deporte.

ESTUDIANTES 39 - 69 BÁSQUET CORUÑA

Estudiantes Lugo: Carlota, Sarai, Nerea, Marina, Valle, Daniela, Iria, Eva e Lucía.
Básquet Coruña: Blanca, Uxía, Alba, Irene, Antía, Carla, Rebeca, Blanca, Sara, Claudia e Raquel.
Parciais: 05-17/05-27/19-13/10-12.
Cancha: Pazo dos Deportes.

BURELA 43 - 42 COMPOSTELA

Burela: Sara, Henar, Claudia, Aroa, Candela, Carla, Marta, Lucía e Sara L.
Institutos de Compostela: Sara, Elia, Beatriz, Andrea, Noa, Paula, Mara, Andrea D e Daniela.
Parciais: 12-08/17-12/06-15/08-07.
Cancha: Vista Alegre.

 

 
1ª CADETE FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE 

Resultados xornada 11

Ferrol 42-81 Ensino
Río Ulla 47-81 Casa Sedes
Estudiantes 39-69 Básquet Coruña
Burela 43-42 Compostela

Próxima xornada

Baxi Ferrol - Burela
Compostela - Estudiantes
Básquet Coruña - Río Ulla
Casa Sedes - Ensino

 

Masculina

En canto ao conxunto masculino do Ensino, esta xornada gañou a domicilio ao Montrove, pero cun marcador enganoso, xa que non houbo tanto dominio como indica a diferenza final. Na primeira metade, comezaron dominando, pero custoulles distanciarnos no marcador, non eran capaces de xogar ao seu ritmo e o Montrove freounos cunha defensa en zona. Chegaron ao descanso por riba, pero sen sentirse cómodos. Non foron capaces de distanciarse ata o último cuarto, cando atoparon o seu xogo nos roubos e metendo cestas fáciles para levarse o partido cun resultado de 42-98.

MONTROVE 42 - 98 ENSINO

Montrove: Alberto, Antón, Mateo, Mauro, Miguel, Adrián, Pablo, Rodrigo, Jacobo e Nicolás.
Ensino: Uxío, Teo, Hugo, Martín, Néstor, Alejandro, Carlos, Martín e Guillermo.
Parciais: 12-23/11-27/15-21/04-27.
Cancha: Canide-Mera.

 

 
1ª CADETE MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Resultados xornada 11

Basket Ferrol 70-47 Cambre
Básquet Coruña 67-39 Betanzos
Montrove 42-98 Ensino
Obradoiro 111-43 Culleredo

Próxima xornada

Balidea Obradoiro - Basket Ferrol
Culleredo - Montrove
Ensino - Básquet Coruña
Betanzos - Cambre

Más en Primeira Cadete