O Burela volveu superar ao Baxi Ferrol no partido correspondenta á xornada cinco

As laranxas foron as únicas que saíron á pista na xornada de descanso da Primeira cadete e lograron facer a segunda vitoria do curso
Unha foto de arquivo do equipo cadete feminino do Burela. Foto: EX
photo_camera Unha foto de arquivo do equipo cadete feminino do Burela. Foto: EX

Esta fin de semana a Primeira cadete non saíu á pista, coa excepción do Burela feminino, que disputou o partido de ida contra o Baxi Ferrol. As laranxas disputaran o partido correspondente á volta a fin de semana pasada e gañaran ás ferrolás por 59-44. Nesta ocasión o conxunto da Mariña tamén se levou unha vitoria. O duelo comezou a favor do Burela, que fixo un primeiro parcial de 5-16. Malia isto, un baixón defensivo fixo que o Ferrol se achegara no marcador ao descanso. Na segunda metade as laranxas volveron mandar na pista e sentenciaron o triunfo por 38-58.

Consulta a clasificación aquí

BAXI FERROL 38 - 58 BURELA

Baxi Ferrol: Daniela, Cloe, Sofía, Aitana, Carmen M, Carmen S, Irene, María, Lara, Elena e Laura.
Burela: Henar, Claudia, Aroa, Candela, Carla, Marta, Lucía e Sara.
Parciais: 05-16/18-11/06-14/09-17.
Cancha: Casa do Deporte.

 

1ª CADETE FEMININA - PRIMEIRA FASE NORTE 

Resultados

Baxi Ferrol 38-58 Burela

Próxima xornada

Baxi Ferrol - Casa Sedes
Básquet Coruña - Ensino
Compostela - Río Ulla
Burela - Estudiantes

 

Masculina 

No caso da categoría masculina, o Ensino espera a enfrontarse contra o Cambre a semana que vén na casa. Os lucenses, na segunda posición da lista, levan catro vitorias neste curso, mentres que os de Cambre son quintos e por agora gañaron dous partidos.

 
1ª CADETE MASCULINA - PRIMEIRA FASE NORTE

Próxima xornada

Basket Ferrol - Betanzos
Ensino - Cambre
Culleredo - Básquet Coruña
Obradoiro - Montrove

Más en Primeira Cadete