O Cidade consegue gañar ao Burela na volta, pero pasan as laranxas á final

O equipo da Mariña enfrontarase ao Fisioterapia Ivonne Castro Sarria. O Franciscanos conseguiu o quinto posto tras superar a súa eliminatoria

Feminina 

Esta fin de semana celebrouse o último partido que quedaba por resolver das semifinais. O Burela, que gañara ao Cidade de Lugo na ida, foi esta vez derrotado, pero grazas á diferenza de puntos, conseguiu igualmente o pase á final. As laranxas enfrontaranse ao Fisioterapia IC Sarria, que xa certificaran a súa clasificación a pasada fin de semana.

O Franciscanos volveu impoñerse ao Casa Barbadelo Sarria na volta da súa eliminatoria, conseguindo así o quinto posto da liga.

Semifinal 1

Consulta a clasificación aquí

Resultado ida

Ensino 41 68 Fisioterapia IC Sarria

Resultado volta

Fisioterapia IC Sarria 57 18 Ensino

 

Semifinal 2

Consulta a clasificación aquí

Resultado ida

Burela 53 32 Cidade de Lugo

Resultado volta

Cidade de Lugo 42 39 Burela

 

5º e 6º posto

Consulta a clasificación aquí

Resultado ida

Franciscanos 38 20 Casa Barbadelo Sarria

Resultado volta

Casa Barbadelo Sarria 14 34 Franciscanos

 

Masculina

Na categoría masculina o grupo A é liderado polo Estudiantes Verde, que se impuxo esta fin de semana ao Rosalía de Castro. O Ría de Ribadeo impúxose cun marcador moi avultado ao Cidade de Lugo (85-40).

No grupo B o líder é o Estudiantes Naranja, que precisamente gañou esta fin de semana ao Rosalía de Castro 2015. O Franciscanos impúxose ao María Auxiliadora a domicilio.

No grupo C, o Estudiantes Amarelo conseguiu derrotar ao Burela, que non perdera nesta fase ata o momento. O Sarria levouse os dous puntos no Chanto contra o Maristas Lugo.

3º Fase - Grupo A  

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Ensino A Oso Blanco Sarria
Rosalía de Castro 52 66 Estudiantes Verde
Ría de Ribadeo 85 40 Cidade de Lugo

Próxima xornada

Ría de Ribadeo - - Ensino
Estudiantes Verde - - Oso Blanco
Rosalía de Castro - - Cidade de Lugo

 

3º Fase - Grupo B

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Galén Ensino A Sagrado Corazón
Estudiantes Naranja 50 34 Rosalía de Castro 2015
María Auxiliadora 22 50 Franciscanos

Próxima xornada

Estudiantes Naranja - - María Auxiliadora
Franciscanos - - Galén Ensino
Rosalía de Castro 2015 - - Sagrado Corazón

 

3º Fase - Grupo C

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 4

Sarria 65 15 Maristas Lugo
Burela 42 51 Estudiantes Amarelo

Próxima xornada

Estudiantes Amarelo - - Maristas Lugo
Ensino Blanco - - Sarria