Á premini maculina quédanlle tres xornadas da liga regular

Na feminina, os equipos lucenses están á espera da seguinte fase da competición
Unha imaxe da derradeira xornada da liga regular feminina entre o Cidade e o Franciscanos. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe da derradeira xornada da liga regular feminina entre o Cidade e o Franciscanos. Foto: Noelia Alpe

Masculina

A competición premini descansará ata a volta de Semana Santa coma o resto de categorías. Na categoría masculina a competición encontrase no inicio da terceira fase, posto que ata agora só se celebraron dúas xornadas. No grupo A o Estudiantes Verde e o Ría de Ribadeo conseguiron en ambos os dous partidos a vitoria, co que polo momento son favoritos para a fase final. Porén, aínda quedan tres xornadas por diante. O grupo B é encabezado polo momento polo Rosalía de Castro e o Estudiantes Naranja, mentres que no grupo C por agora conseguiron unha vitoria o Estudiantes Amarelo, o Maristas Lugo e o Burela.

3º Fase - Grupo A  

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Estudiantes Verde - - Ría de Ribadeo
Oso Blanco Sarria - - Rosalía de Castro
Cidade de Lugo - - Ensino

 

3º Fase - Grupo B

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Galén Ensino - - Estudiantes Naranja
Sagrado Corazón - - Franciscanos
María Auxiliadora - - Rosalía de Castro 2015

 

3º Fase - Grupo C

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Sarria - - Estudiantes Amarelo
Ensino Blanco - - Burela

 

 

Feminina 

A categoría feminina rematou a pasada fin de semana a liga regular e agora esperan ao comezo da segunda fase. O Fisioterapia Ivonne Castro Sarria rematou primeiro, seguido do Cidade de Lugo e o Burela. Detrás quedaron o Ensino o Casa Barbadelo Sarria  e o Franciscanos.

Consulta a clasificación aquí