O Estudiantes Verde e o Ría de Ribadeo A foron superados nos cuartos da final premini

Ambos os dous equipos da categoría masculina foron os únicos representantes da provincia de Lugo na última fase da competición celebrada a fin de semana na Estrada

Tralo peche das ligas autonómicas, esta fin de semana a premini celebrou as fases finais da categoría masculina e feminina na Estrada.

A provincia de Lugo soamente tivo representación na primeira, que veu dada por parte do Estudiantes Verde e o Ría de Ribadeo A. Os celestes caeron na primeira eliminatoria contra o Seis do Nadal. Xogaron coma visitantes e foron superados por un resultado de 56-37. No caso do equipo da Mariña, tamén perdeu en cuartos contra o Salesianos Vigo A por 28-42. Os vigueses remataron no terceiro posto da clasificación.

O equipo que conseguiu facerse co campionato foi o Bball COB Dorado, pois gañoulle na final ao Costa Ártabra por 60-53. Na categoría feminina o campión foi o Academia Celta, que se impuxo ao CAB Pontevedra por 68-17.

 

PREMIMINI MASCULINA - FASE FINAL

1ª Eliminatoria

Obradoiro 43-88 Bball COB Dorado
Ría de Ribadeo A 28-42 Salesianos Vigo A
Peleteiro Azul 54-67 Costa Ártabra
Seis do Nadal A 56-37 Estudiantes Verde

Semifinais

Bball COB Dorado 68-41 Salesianos Vigo A
Costa Ártabra 84-34 Seis do Nadal A
 

Final

Bball COB Dorado 60-53 Costa Ártabra M

3º Posto

Salesianos Vigo A 58-41 Seis do Nadal A

 

 

PREMINI FEMININA - FASE FINAL

1ª Eliminatoria

Costa Ártabra F 25-59 Seis do Nadal Coia
Montrove 09-59 Celta
CAB Pontevedra Sorey y Alonso 30-29 Básquet Coruña
Allariz 44-46 Galoteo

Semifinais

Seis do Nadal 20-60 Academia Celta
CAB Pontevedra Sorey y Alonso 51-45 Galoteo
 

Final

Academia Celta 68-17 CAB Pontevedra Sorey y Alonso

3º Posto

Seis do Nadal Coia 73-55 Galoteo