O Estudiantes Verde e o Ría de Ribadeo representarán á provincia na fase final premini

Os dous equipos da masculina clasificaronse para loitar polo Campionato galego despois de quedar no primeiro e segundo posto dos seus respectivos grupos
  1. Masculina
  2. Feminina 

Feminina 

LIGA FGB - GRUPO A

Chegaron ao seu fin as ligas premini autonómicas e na categoría feminina ningún dos equipos lucenses conseguiu clasificarse para a fase final. No grupo A, o Sarria rematou terceiro despois de caer nos dous encontros do domingo. Primeiro foron superadas polo Montrove, nun partido que puido caer para calquera, pero que perderon por só un punto. Pola tarde caeron contra o Básquet Coruña cun resultado de 31-42.

Xornada 5

Básquet Coruña 72 27 As Pontes
Montrove 38 37 Fisioterapia Ivonne Castro Sarria

 

Xornada 6

As Pontes 55 71 Montrove
Fisioterapia Ivonne Castro Sarria 31 42 Básquet Coruña

 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Básquet Coruña 12 6 6 0 394 162
Montrove 10 6 4 2 307 315
Fisoterapia Ivonne Castro Sarria 8 6 2 4 231 242
As Pontes 6 6 0 6 170 383
             

 

LIGA FGB - GRUPO B

No grupo B, o Cidade de Lugo rematou no derradeiro posto da clasificación. O equipo lucense conseguiu na xornada cinco a primeira vitoria da competición, pois gañoulle ao Santa María del Mar por 25-39. Na xornada número seis caeu coma local contra o Costa Ártabra por 31-60.


Resultados Xornada 5
 
Costa Ártabra 49 76 Galoteo
Sta María del Mar 25 39 Cidade de Lugo
Resultados Xornada 6
 
Galoteo 68 32 Sta María del Mar
Cidade de Lugo 31 60 Costa Ártabra

 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Galoteo 12 6 6 0 389 203
Costa Ártabra 10 6 4 2 366 256
Sta María del Mar 7 6 1 5 208 293
Cidade de Lugo 7 6 1 5 112 323
             

Masculina

LIGA FGB - GRUPO A

En canto á categoría masculina, no grupo A o Ría de Ribadeo A xa tiña asegurado o pase á fase final e esta derradeira fin de semana levouse dúas vitorias máis. No primeiro partido impúxose coma visitante ao Golfiños por 39-77, mentres que na xornada seis gañou ao Montrove por 87-43.

Resultados Xornada 5

Montrove 02 53 Costa Ártabra
Golfiños 39 77 Ría de Ribadeo A
 

Resultados Xornada 6

Costa Ártabra 98 64 Golfiños Sada
Ría de Ribadeo A 87 43 Montrove

 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Costa Ártabra 12 6 6 0 432 261
Ría de Ribadeo A 10 6 4 2 427 255
Golfiños Sada 8 6 2 4 285 730
Montrove 6 6 0 6 125 383
           

 

LIGA FGB - GRUPO B

No grupo B o Estudiantes Verde rematou líder e tamén pasa a fase final. Os celestes gañaron os dous encontros da fin de semana, primeiro superaron ao Obradoiro coma visitantes cun marcador de 55-62 e, pola tarde, leváronse os dous puntos contra o Basket Ferrol ao conseguir un resultado de 64-51.   

Resultados Xornada 5

Obradoiro 55 62 Estudiantes Verde
Basket Ferrol 51 45 Básquet Coruña

Resultados Xornada 6

Estudiantes Verde 64 51 Basket Ferrol
Básquet Coruña 65 77 Obradoiro

 

Clasificación

Equipo PT X G P PF PC
Estudiantes Verde 11 6 5 1 370 305
Obradoiro 10 6 4 2 367 318
Basket Ferrol 9 6 3 3 287 323
Básquet Coruña 6 6 0 6 297 375
             

 

PARTIDOS AMIGABLES

Ademais das competicións oficiais, esta fin de semana celebrouse un triangular amigable coa participación do A Ponte, o AX Sagrado Corazón e o Maristas Lugo. Estes tres equipos disputaron a tarde do sábado no anexo do Pazo unha xornada de encontro co obxectivo de gozar do baloncesto. Resultou campión da xornada o Sagrado Corazón, seguido do A Ponte, que rematou segundo e do Maristas, terceiro.