O Sarria superou ao Esclavas na casa e empata co Culleredo a 17 puntos

Ás amarelas lles queda tan só unha xornada para pechar a primeira fase e mantéñense no segundo posto despois de disputar dous partidos esta semana
Unha fotografía do conxunto feminino preinfantil do Sarria. Foto: AC
photo_camera Unha fotografía do conxunto feminino preinfantil do Sarria. Foto: AC

A piques de pechar a liga regular, o Sarria conseguiu dous triunfos na casa e o Burela non foi quen de impoñerse ao líder.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

O Sarria celebrou esta semana dous partidos, xa que o mércores recibiu ao Brión na casa e o sábado fixo o mesmo co Esclavas. O primeiro duelo estaba pendente dende a xornada número 11 e leváronse a vitoria por 69-18. Estiveron moi acertadas, con grande acerto en tiro exterior e sólidas en defensa. No partido contra o Eslavas, a vitoria foi de 71-20, pero custoulles máis anotar dende fóra e perderon máis balóns. Aínda así, as amarelas seguen dando pasos cara adiante e só lles queda un partido para a segunda fase, á que pasaran no grupo alto.

SARRIA 71 - 20 ESLAVAS

CB Sarria: Aroa, María, Carla, Elena, Lúa, Martina, Alba, María P, María G e Rosa.
Esclavas: Naia, Marisol, Adriana, María, Ángela,Carmen, Paloma, Candela, Carlota, Ana e Candela C.
Parciais: 15-07/16-09/15-02/25-02.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

SARRIA 69 - 18 BRIÓN

CB Sarria: Aroa, María, Carla, Elena, Lúa, Martina, Alba, María P, María G e Rosa.
CB Brión: Noa, Itziar, Carmen, Elia, Sofía, Candela, Laura, Claudia, Noa, Rocío, Samrawit e Catalina.
Parciais: 24-07/19-06/19-04/07-01.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

 
PREINFANTIL FEMININA - GRUPO NORTE

Resultados xornada

Culleredo 58-7 Peleteiro
Básquet Coruña 33-46 Brión
Sarria 71-20 Esclavas

Próxima xornada

Peleteiro - Sarria
Brión - Culleredo
Básquet Coruña D Esclavas

 

Masculina

En canto ao Burela, na masculina, perdeu contra o Betanzos e tócalle xogarse o pase á segunda fase no grupo alto a vindeira xornada. Os visitantes foron mellor que os da Mariña, pero chegaron ao descanso tan só un punto por debaixo. Na segunda parte comezou a acusar a fatiga e non conseguiron manter o nivel competitivo, co que caeron por 55-70. A vindeira xornada terán que gañarlle ao Galogrín para quedar entre os mellores de Galicia.

BURELA 55 - 70 BETANZOS

Burela: Roi, Daniel, Egoitz,Fabio,Mateo e Daniel.
Santo Domingo Betanzos: Arón, Mateo, Javier, Abel, Xoel, Martín C e Martín B.
Parciais: 18-22/18-15/11-16/08-17.
Cancha: Monte Castelo.

 

 
PREINFANTIL MASCULINA - GRUPO NORTE

Resultados xornada

Costa Ártabra 31-82 Culleredo
Básquet Coruña 71-34 Brión
Burela 55-70 Betanzos
Peleteiro 40-66 Galogrín

Próxima xornada

Culleredo - Peleteiro
Galogrín - Burela
Betanzos - Básquet Coruña
Brión - Costa Ártabra