O Sarria consegue gañar por primeira vez ao Culleredo a domicilio

As amarelas sacaron todo o seu carácter no último período do partido, para levarse o triunfo contra un dos mellores equipos da categoría
Unha imaxe do banco do Sarria. Foto: AC
photo_camera Unha imaxe do banco do Sarria. Foto: AC

O Sarria conseguiu unha moi traballada vitoria contra o Culleredo na casa, mentres que, na masculina, o Burela caeu.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

Á preinfantil quédalle tan só un mes para pechar a primeira fase. O Sarria ocupa a segunda posición empatando a puntos contra o Culleredo, equipo ao que lle conseguiu gañar por primeira vez en competición oficial esta fin de semana.

As amarelas comezaron moi ben, sen permitir que as locais saíran en contraataque, a súa mellor arma ofensiva. O bo traballo no rebote de ataque foi a clave para incomodalas e irse facendo donas do partido. Ata o descanso, o partido mantívose igualado, pero o Sarria baixou o ritmo no terceiro cuarto, o que fixo que o Culleredo se metera no partido.

No último tramo do duelo, as amarelas sacaron todo o seu carácter para volver tomar as rendas e gañar a un grande rival.

CULLEREDO 49 - 60 SARRIA

Culleredo: Ángela, Irene, Lola, Enma, Uxía, Antía, Sofía, Adriana e Carla.
CB Sarria: Aroa, María, Carla, Elena, Lúa, Martina, Alba, María P, María G e Rosa.
Parciais: 15-16/11-14/13-04/10-26.
Cancha: O Burgo.

 

 
PREINFANTIL FEMININA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 10

Brión 79-43 Esclavas
Culleredo 49-60 Sarria
Básquet Coruña D Peleteiro

Próxima xornada

Peleteiro - Básquet Coruña
Sarria - Brión
Culleredo D Esclavas
 

 

Masculina

No caso da competición masculina, o Burela non tivo un gran día e perdeu a domicilio contra o Básquet Coruña. Os laranxas estiveron desacertados en ataque e en defensa faltoulles intensidade, co que os coruñeses puideron correr e facer dano en campo aberto. Malia o resultado, seguen no segundo posto da clasificación con case tódalas posibilidades de seguir no grupo alto para a vindeira fase.

BÁSQUET CORUÑA 69 - 56 BURELA

Básquet Coruña: ND.
Burela: Roi, Daniel, Manuel, Egoitz, Fabio, Mateo, Hugo e Daniel.
Cancha: Ventorrillo.
 
PREINFANTIL MASCULINA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 10

Betanzos 88-77 Culleredo
Brión 30-74 Galogrín
Costa Ártabra 51-30 Peleteiro
Básquet Coruña 69-56 Burela

Próxima xornada

Culleredo - Básquet Coruña
Burela - Costa Ártabra
Peleteiro - Brión
Galogrín - Betanzos