Quinta vitoria para o Sarria na que se fixo co marcador ante o Básquet Coruña

As amarelas son segundas na clasificación feminina, mentres que o Burela foi derrotado por só un punto contra o Culleredo a domicilio

O Sarria segue arriba na feminina despois de facerse co duelo contra o Básquet Coruña na casa. Na masculina, ao Burela se lle escapou das mans o partido contra o Culleredo por tan só un punto.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

O conxunto sarriano viviu un partido moi igualado contra as da Coruña no que se mantiveron á par ata o descanso. No terceiro período o Sarria conseguiu coller vantaxe grazas ao aumento de acerto exterior e as boas xogadas colectivas. Dende aí conseguiron administrar a diferenza no marcador e levarse o partido malia non contar coas minis de preselección galega. Con esta, son cinco as vitorias que levan as amarelas e a vindeira semana tocaralles enfrontarse contra as líderes da clasificación, o Culleredo.

SARRIA 49 - 37 BÁSQUET CORUÑA

CB Sarria: Aroa, María, Carla, Elena, Lúa, Martina, Alba, María P, María G e Rosa.
Básquet Coruña: Claudia, Inés, Irene, Teresa, Cristina, Antía, Claudia, María, Elena, Marta e Alejandra.
Parciais: 11-10/08-14/17-09/13-04.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

 

 
PREINFANTIL FEMININA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 9

Sarria 49-37 Básquet Coruña
Esclavas 34-85 Culleredo
Brión D Peleteiro

Próxima xornada

Brión - Esclavas
Culleredo - Sarria
Básquet Coruña D Peleteiro
 

Masculina

En canto ao Burela, na masculina, sacrificouse ata o final no partido contra o Culleredo, malia que non caeu do seu lado. Os laranxas, con solo seis xogadores, pelexaron o partido ata o final contra un dos mellores equipos da clasificación facendo un gran traballo en defensa. Nos minutos finais, conseguiron salvar o average xa que na ida os lucenses venceran por tres puntos e esta vez remataron caendo solo por un.

CULLEREDO 69 - 68 BURELA

Culleredo: Hugo, Mateo, Fernando, Xaquím, Guillermo, Pablo, Diego, Darío, Xoel, Martín e Mateo.
Burela: Roi, Daniel, Egoitz, Fabio, Mateo e Daniel.
Parciais: 24-14/04-16/15-17/26-21.
Cancha: Pavillón O Burgo.

 

 
PREINFANTIL MASCULINA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 9

Culleredo 69-68 Burela
Peleteiro 22-72 Básquet Coruña
Galogrín 76-58 Costa Ártabra
Betanzos 82-30 Brión

Próxima xornada

Betanzos - Culleredo
Brión - Galogrín
Costa Ártabra - Peleteiro
Básquet Coruña - Burela