A preinfantil remata a primeira fase cos dous conxuntos lucenses no podio

O Sarria rematou segundo na categoría feminina e o Burela terceiro na masculina, postos que lle permiten loitar polo campionato
Unha imaxe do banco do Sarria. Foto: AC
photo_camera Unha imaxe do banco do Sarria. Foto: AC

Esta fin de semana pechouse a liga regular preinfantil e o Burela e o Sarria conseguiron praza para o Campionato.

Consulta as clasificacións aquí

Feminina

O Sarria pechou a primeira fase cunha vitoria baseada no traballo colectivo sobre o Peleteiro. Custoulles anotar tiros afastados, pero foron capaces de superar ás súas rivais no un contra un, o que lles permitiu anotar preto do aro durante todo o encontro. En defensa, encontráronse bastante cómodas, mostrando solidez e sen conceder cestas fáciles. As amarelas remataron así no segundo posto da clasificación, empatadas coas líderes, o Culleredo, a 19 puntos.

PELETEIRO 12 - 62 SARRIA

Peleteiro: Fernanda, María, Alicia, Eva, Celia, Adriana, María, Raquel, Ariadna, Carolina, Julia e Laura.
CB Sarria: Aroa, María, Carla, Elena, Lúa, Martina, Alba, María P, María G e Rosa.
Parciais: 04-16/02-21/05-17/01-08.
Cancha: Montouto.
 
PREINFANTIL FEMININA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 14

Peleteiro 12-62 Sarria
Brión 52-77 Culleredo
Básquet Coruña D Esclavas
 

 

Masculina

O Burela gañou na masculina ao Galogrín por 46-69. Despois de que no partido de ida aos laranxas lles custara enfrontarse a este rival, neste caso os mariñaos impuxeron o seu xogo dende o segundo cuarto, no que fixeron un parcial de 09-23 que condicionou o duelo ata o final. O triunfo deixaos no cuarto posto da clasificación, tras o Betanzos, o Culleredo e o Básquet Coruña.

GALOGRÍN 46 - 69 BURELA

Galogrín: Xoan, Anxo, Odín, Iago, Daniel G, Daniel F, Lois, Adrián, Gonzalo, Enrique e Pedro.
Burela: Roi, Daniel, Egoitz, Samuel, Fabio, Mateo e Daniel.
Parciais: 13-14/09-23/04-16/20-16.
Cancha: Municipal Calo.
 
PREINFANTIL MASCULINA - GRUPO NORTE

Resultados xornada 14

Culleredo 78-28 Peleteiro
Galogrín 46-69 Burela
Betanzos 69-62 Básquet Coruña
Brión 48-44 Costa Ártabra