O mellor petisco pódese degustar en Pontevedra

Rubén González e Sergio Orbe, de El Cafetín, alzáronse este luns co Premio Mellor Cociñeiro no certame De Tapas por Galicia
Rubén González e Sergio Orbe, de El Cafetín, gañaron o certame De Tapas por Galicia
photo_camera Rubén González e Sergio Orbe, de El Cafetín, gañaron o certame De Tapas por Galicia

PONTEVEDRA. A mellor tapa do ano degústase en Pontevedra. Rubén González e Sergio Orge, representantes de Pontevedra, acadaron este kuns o Premio Mellor Cociñeiro na Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, celebrada na Cidade da Cultura. A súa receita chamada ‘É tempo de navallas’ foi recoñecida por un xurado formado por profesionais do sector. O Premio Especial do Público foi para Gerson Iglesias e Carlos Barreira, de Vigo, cun Pepito de polbo en pan rústico con allada texturizada.

Os gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades de Galicia xuntáronse para un evento de cociña en directo organizado por Turismo de Galicia co obxectivo de potenciar o turismo urbano e gastronómico, aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos. No acto estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou as posibilidades gastronómicas existentes nas cidades galegas e o gran nivel alcanzado polos chefs do país.

No evento, presentado por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs remataron os seus pratos en directo e explicaron o seu proceso de creación. O xurado profesional valorou a orixinalidade e o respecto polo produto da tapa.

Os gañadores do certame galego de petiscos con máis sabor foron galardoados cunha estancia dunha fin de semana nun balneario galego e cun trofeo creado especificamente para a cita polo escultor Luís Loureira.

A receita ‘É tempo de navallas’, elaborada polos cociñeiros pontevedreses, foi recoñecida por un xurado profesional

Comentarios